Xunta de Goberno

Composición:

A Xunta de Goberno estará integrada, tal como establece o art. 23.1 da lei reguladora das bases de réxime local, por tres concelleiros (equivalente ao terzo do número legal de membros da corporación que son once ) designados polo alcalde, que a presidirá:

Dona María del Carmen Botana Cebeiro

Don Jesús Sanjuás Mera

Don Antonio González Barral

Funcionamento:

A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias quincenais, cada dúas semanas, os xoves ás 14:15 horas, salvo que coincidise en día festivo, nese caso celebrarase o día hábil posterior.

2. Esta Xunta de Goberno estará integrada, tal como establece o art. 23.1 da lei reguladora das bases de réxime local , por tres concelleiros (equivalente ao terzo do número legal de membros da corporación que son once ) designados polo alcalde, que a presidirá.
3. Delegar na Xunta de Goberno Local, o exercicio das seguintes atribucións, competencia do pleno :
j) O exercicio de accións xudiciais , administrativas e a defensa da corporación en materia de competencia plenaria.
k) A declaración de lesividade dos actos do concello.
m) A concertación das operacións de crédito cuxo importe acumulado, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto , salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior , todo de conformidade co disposto na lei reguladora das facendas locais, e tendo en conta o previsto no apartado 2 letra L , do artigo 47 da lei reguladora das bases de réxime local.
n) As contratacións de toda clase (obras, subministros, xestión de servizos públicos, contratos administrativos especiais e os contratos privados) cando o seu importe supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto e, en calquera caso, os seis millóns de euros, así como os contratos plurianuais cando a súa duración sexa superior a catro anos e as plurianuais de menos duración , cando o importe acumulado de todas as súas anualidades supere a porcentaxe indicada, referido ós recursos ordinarios do presuposto do primeiro exercicio e, en todo caso, cando sexa superior o importe sinalado nesta
letra.
ñ) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos presupostos, salvo no caso de contratos de obras cuxo período de execución exceda do presuposto anual e cuxos proxectos fosen redactados independentemente para cada unha das partes da obra.
o) A adxudicación de concesións sobre os bens da entidade local e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial, cando o seu valor supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do presuposto e, en todo caso cando sexa superior a tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio cando o seu valor supere a porcentaxe e contía indicadas ou sexan bens declarados de valor histórico artístico calquera que sexa o seu valor, salvo nos casos previstos no apartado 2 letras j, m e ñ do artigo 47 da lei reguladora das bases de réxime local.

Uso de cookies

Informámoslle de que esta web usa cookies. Faga click na nosa política de cookies, para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies