Portada concello
Portada logo

Centro de interpretación

O Centro de interpretación do Pico Sacro sitúase na parroquia de Lestedo (Boqueixón) preto da cidade de Santiago de Compostela a tan so 14 kilómetros.
A forma máis sinxela de chegar é pola estrada nacional N-525 que une Santiago e Ourense ata a aldea de Cachosenande.

Centro interpretacion

Que nos ofrece

Exterior:
o centro ocupa a antiga Casa Reitoral (século XVIII) da parroquia
de Santa María de Lestedo e constitúe un marabilloso exemplo de
arquitectura rural galega. No exterior dispón dun espazo axardinado cun
hórreo e unha fonte de auga fresca que mana directamente do Pico
Sacro.

Interior:
na pranta baixa localízase a oficina de información turística e a
sala de audiovisuais e na parte alta podemos image003difrutar dunha
exposición permanente: “O Pico Sacro, nos dominios da raíña Lupa”, que
nos achega dun xeito gráfico e didáctico a toda a maxia que rodea ao
Monte Sagrado de Galicia.

Visita guiada:
percorreremos a exposición que está dividida en catro
eixes temáticos: “Un fito xeolóxico”, “O lugar do mito”, “O monte sagrado”
e “A evolución histórica” distribuídos en torno a unha maqueta do Pico
Sacro e o seu entorno. Remataremos a visita coa proxección dun
espectacular audiovisual de dez minutos de duración con impresionantes
imaxes aéreas.

Solicitar una visita

Completa o formulario ou chámanos


Contactar:

Telefono

Teléfono de contacto:
+34 981513061

O pico sacro label
Apple store Google play