Portada concello
Portada logo

O gran mirador

Visibilidade

O cumio do Pico Sacro elévase maxestosamente sobre o val do Ulla alcanzando os 533 metros sobre o nivel
do mar, o que permite unha das vistas panorámicas de maior extensión de Galicia.

Ao pé do monte, polo oeste, discorre a Vía da Prata no seu camiño cara a Santiago, sendo o primeiro punto
desde o que os Peregrinos poden divisar Compostela e as Torres da Catedral. De lonxe, avístase o inicio da
Ría de Arousa e os cumes da Serra do Barbanza.

Mirando ao noroeste descobrimos Santiago de Compostela coas inconfundibles torres da Catedral e a
Cidade da Cultura sobre o monte Gaiás.

Cara ao norte aprezanse as Terras de Ordes e polo nordeste as de Arzúa, Melide e Palas de Rei, xa na
provincia de Lugo.

Polo sur e surleste discorre serpenteando o cauce do río Ulla e oteando na distancia as terras do Deza e as
serras de O Careón, O Faro e O Farelo na provincia de Pontevedra. Mirando cara ao surleste o concello da
Estrada e Terra de Montes enmarcadas polos cumios da Serra do Candán.

Accesibilidade

Ao Pico Sacro é posible acceder en coche particular ou autobús ata a capela de San Sebastián, situada preto
do cumio; este último tramo é necesario percorrelo a pé.

O acceso a discapacitados é dificultoso desde a capela de San Sebastián e non é posible no último tramo
do cumio.

Distancia ás principais cidades

Vigo : 94 Km

Pontevedra : 70 Km

Lugo : 145 Km

Ourense : 93 Km

Ferrol : 103 Km

Santiago de Compostela : 10 Km

A Coruña : 84 Km

Distancia medios de transporte

Estación de tren : 13 Km

Estación de autobuses : 13 Km

Aeroporto : 20 Km

O pico sacro label
Apple store Google play