Portada concello
Portada logo

Historia xacobea

O Pico Sacro na lenda Xacobea

Codex Calixtinus ou Códice Calixtino, tamén coñecido como Liber Sancti Iacobi é una recompilación de textos xacobeos realizada no século XII que, según moitos historiadores, son de distinta procedencia, data e autor. Pero, por qué entón se chama Códice Calixtino?, porque a través dunha carta apócrifa de Inocencio II (1130-1143) atribúese esta obra ao Papa Calixto II.

Quén era Calixto II, recollendo as palabras do historiador G. F. Arquero Caballero: “Este Pontífice, cuyo nombre previo era Guido de Borgoña, había sido abad de Cluny. Además, era hermano del conde de Galicia Raimundo de Borgoña, casado con doña Urraca y padre de Alfonso VII, por lo que Calixto II era tío del soberano leonés. Esto acerca al pontífice, asimismo, al proyecto político-religioso de León, donde Alfonso VII se apoyó en la Orden de Cluny y había potenciado el Camino de Santiago.”

O Códice está dividido nun apéndice con documentos e cinco libros dos que o terceiro fai referencia ao traslado do corpo de Santiago de Xerusalén a Galicia.

O Relato da Traslación

Tras o falecemento de Santiago o Maior de mans do rei Herodes Agripa no ano 42 d.C., os seus discípulos apodéranse furtivamente do corpo do seu mestre e o trasladan nunha barca desde Xerusalén ata Galicia. Tras sete días de travesía arriban en Iria Flavia (Padrón), feudo pertencente a certa señora chamada Lupa ou Luparia, unha dama viúva e de nobilísima estirpe, á quen lle solicitan un lugar para sepultar a seu mestre. Considerando ela a súa petición os envía, hipocritamente, a solicitar a autorización do “rei que vive en Duio”.

O rei, despois de escoitalos prepáralles unha emboscada co obxecto de matalos, pero os discípulos descobren a trampa e foxen. Ao saber aquel da fuxida, perségueos cos seus cortesáns, mais ao cruzar unha ponte durante a persecución, esta derrúbase instantaneamente. Os discípulos volven onda Lupa e cóntanlle o sucedido, pedindo de novo a cesión do templo. A raíña simula ceder, pero en realidade engánaos enviándoos a coller “uns bois mansos que teño nun monte, e carreando con eles o que vos pareza de máis utilidade e canto necesitedes, edificade o sepulcro”.

Os discípulos chegan ao monte pero atácaos “un enorme dragón”, que se lanza votando lume contra eles, máis acordándose das doutrinas da fe, plántanlle cara ao dragón a través do sinal da cruz que fai que o animal rebente pola metade do ventre. Despois bendicen o monte, “chamado antes o Ilicino”, como se dixeramos o que seduce e “foi chamado por eles Monte Sacro, é dicir, monte sagrado”. Encontran despois que os bois prometidos eran “bravos”, pero ante o asomo de Lupa, ao achegarse os discípulos a eles déixanse poñer o xugo mansamente. Ela, “recoñecendo os admirables milagres”, cede por fin e convértese ao cristianismo. Entón comezan as obras do sepulcro do Apóstolo, que custodiarán ata a súa morte dous dos discípulos que trouxeran o seu corpo, sendo enterrados despois no mesmo lugar.

A Epístola do papa León

Epistola pape Leonis, tamén chamada Peseudoepístola de León, é un texto medieval en latín que narra por vez primeira o milagre da traslación do apóstolo Santiago desde Palestina a Galicia.

Consérvanse cinco versións principais da Epístola, as máis antigas aparecen nun manuscrito encontrado en Limoges (Francia) nun texto do mosteiro medieval do Pico Sacro conservado no Arquivo Histórico Nacional (Madrid). As outras tres localízanse no mosteiro do Escorial (Madrid), en Roma e no Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

A versión máis antiga da Epístola, a correspondente ao manuscrito de Limoges, relata como os sete discípulos de Santiago trasladan o seu corpo, tras ser decapitado por orde de Herodes desde Xerusalén, navegando con el durante sete días nunha nave gobernada por Deus. O barco remata a súa travesía en Galicia, na confluencia entre os ríos Sar e Ulla, nun lugar chamado Bisria.

Alí o corpo de Santiago elévase de xeito milagroso cara ao sol. Os seus discípulos, ante a súa desaparición, choran desconsolados e vagan terra a dentro ao longo de doce millas, atopando o corpo do seu mestre sepultado nunha tumba baixo arcos de mármore (sub arcis marmoricis) nun lugar do que non se cita o nome. Relata tamén, como tres dos discípulos tiveron que facer fronte a un dragón que vivía nun monte próximo chamado Ilicino ao que matan. Estes discípulos son Torcuato, Teodoro e Atanasio, que serán os que descansarán ao lado do Apóstolo; mentres os outros catro regresan a Xerusalén na mesma nave guiada por Deus.

A Encíclica “DEUS ONMIPOTENS”

O papa León XIII publica en 1884 a Encíclica “Deus Omnipotens” na que certifica a autenticidade das reliquias conservadas en Santiago e resume o que, varios antigos documentos e códices, dicían

respecto da sepultura de Santiago: “Despois de morrer o Apóstolo Santiago en Xerusalén, foi recollido polos seus discípulos Atanasio e Teodoro, os cales embarcaron co Santo Corpo arribando nas  costas de España, correspondentes á rexión da Amaía, na que reinaba dona Lupa; esta raíña era idólatra e moi pérfida; pero os discípulos puideron librarse das maquinacións con que os perseguiu á súa chegada e tránsito, e, logrando internarse na rexión, déronlle sepultura ao Santo Corpo nun pequeno outeiro, fabricándolle un hipoxeo e unha pequena igrexa. Os seus discípulos permaneceron na súa custodia ata que, á súa morte, foron enterrados ao lado do Apóstolo polos naturais do país, que converteron ao cristianismo”.

O pico sacro label
Apple store Google play