Portada concello Descargar
Portada logo

O Pico Sacro

“Representade na vosa imaxinación unha pirámide colosal sobre o horizonte dun val, un obelisco xigantesco que sae encontro das paisaxes da veiga, unha montaña cónica, coroada, coma a Cibeles da mitoloxía, con fantásticas ameas de cuarzo: velaquí o Pico-Sagro da Ulla-baixa.Esta eminencia é o cráter dos aguaceiros e a fragua dos raios. É o símbolo do misterio e da soidade. A pirámide é unha figura xeométrica que pertence á relixión desde que se colocou sobre os sepulcros. Montaña ou catafalco, a pirámide é a mensaxeira dunha resignada melancolía. O Pico-Sagro é observado, consultado e espiado polos habitantes da Ulla-baixa.É o pai tutelar da comarca: é un barómetro colosal. Parecese ao avó dunha familia, que onde queira que se presente é saudado con respetuosaveneración. Sobre o seu cumio descansan as nubes; no centro das súas prolongadas vertentes adivíñanse pavorosas galerías. As sementes son impelidas polo vento haciaos seus graneiros fabulosos: as tempestades que desgaxan as rocas amontoadas no seu cumio, sobre as vereas abertas polos aluvións, saen do seu cavernoso abismo”

Neira de Mosquera “ El Pico-Sagro”. Semanario Pintoresco Español (1851).

 

 

O pico sacro
O pico sacro label
Descubre O Pico Sacro Descubre El Pico Sacro
Apple store Google play
Phone