Posicionamento / Localización

Centro de Interpretación

O Monte Sagrado de Galicia

Libros, audiovisuais

VISIBILIDADE:

O cumio do Pico Sacro elévase maxestosamente sobre o val do Ulla alcanzando os 533 metros sobre o nivel do mar, o que permite unha das vistas panorámicas de maior extensión de Galicia.

image001

Ao pé do monte, polo oeste, discorre a Vía da Prata no seu camiño cara a Santiago, sendo o primeiro punto desde o que os Peregrinos poden divisar Compostela e as Torres da Catedral. De lonxe, avístase o inicio da Ría de Arousa e os cumes da Serra do Barbanza.

Mirando ao noroeste descobrimos Santiago de Compostela coas inconfundibles torres da Catedral e a Cidade da Cultura sobre o monte Gaiás.

image004Cara ao norte aprezanse as Terras de Ordes e polo nordeste as de Arzúa, Melide e Palas de Rei, xa na provincia de Lugo.

Polo sur e surleste discorre serpenteando o cauce do río Ulla e oteando na distancia as terras do Deza e as serras de O Careón, O Faro e O Farelo na provincia de Pontevedra. Mirando cara ao surleste o concello da Estrada e Terra de Montes enmarcadas polos cumios da Serra do Candán.

ACCESIBILIDADE:

Ao Pico Sacro é posible acceder en coche particular ou autobús ata a capela de San Sebastián, situada preto do cumio; este último tramo é necesario percorrelo a pé.
O acceso a discapacitados é dificultoso desde a capela de San Sebastián e non é posible no último tramo do cumio.

 

DISTANCIA AS PRINCIPAIS CIDADES:

Vigo : 94 Km | Pontevedra : 70 Km | Lugo : 145 Km | Ourense : 93 Km | Ferrol : 103 Km | Santiago de Compostela : 10 Km | A Coruña : 84 Km |

DISTANCIA MEDIOS DE TRANSPORTE:

Estación de tren : 13 Km | Estación de autobuses : 13 Km | Aeroporto : 20 Km

O CULTO AO MONTE OU UN MONTE DE CULTO

O Pico Sacro ou “Monte Sagrado”, é  posiblemente o lugar de Galicia que concentra tantas historias reais coma mitolóxicas e lendarias. Atrapado no misterio, son numerosos os estudosos que investigan e investigaron sobre o verdadeiro significado deste monte, feito que constata a importancia que tivo ao longo da súa historia. image002

Para os pobos da antigüidade as montañas sempre constituíron un lugar enchido dunha forza misteriosa capaz de romper a planitude do chan debido a unha forza demoníaca ou divina. Autores, como Constantino Cabal, suliñan que moitos lugares de Galicia entre eles o Pico Sacro, a Pedra da Barca (Muxía) ou San Andrés de Teixido eran obxeto de peregrinacións de fieis paganos, que consideraban que estes lugares, identificados có Fin do Mundo, eran portas de entrada ao Outro Mundo.

A profesora Mª Rosario Soto Arias asevera “Temos datos como para supoñer que este monte foi un ómphalos, un centro do mundo, antes do cristianismo” (en “Da Raíña Lupa e da tradición xacobea”).

O feito da sacralidade do Pico perdurou na tradición ata os nosos días, de xeito que séguese a implorar ao monte atribuíndolle virtudes curativas para determinadas doenzas. No ano 1936 o escritor e académico Eugenio Carré escribía ao respecto: “Es legión la de los que creen aún en el poder de la divinidad enseñoreada del monte. Muchísimas, incontables son las gentes que (…) cuando se ven afligidas por dolencias (…) concurren a una de las múltiples alturas que de gran parte de la región permiten descubrir el Pico Sacro a larga distancia y, llenos de fe en el misterioso poder de que le suponen dotado, le dirigen la siguiente invocación: ‘Pico Sagro, Pico Sagro/ sáname do mal que eu traio’

AS TRIBUS GALAICAS PROTOHISTÓRICAS

image004

Os “celtas”, pobo indoeuropeo asentouse nas nosas terras entre os séculos VI e III a.C., adoraban a os deuses moradores dos bosques sagrados. O gran respecto que as comunidades célticas tiñan pola Natureza é un feito incuestionable. Seguindo a Manuel Alberro:  

 “En una reciente obra, Ken Dowden (2000: 64) expresa su creencia de que en tiempos antiguos las piedras, al igual que los árboles y los bosquecillos, estaban provistas de reconocimiento y respeto. Rolleston (1911: 66), describe el culto a las piedras común entre los antiguos celtas, y cómo esa práctica ha supervivido en muchos lugares. La piedra estaba considerada por los celtas como un símbolo de fortaleza y resistencia, y piedras eran utilizadas en actos mágicos o religiosos para proteger a la gente contra las enfermedades (Ó hÓgáin, 1999: 21-22)”.

Boqueixón pertencía á tribo Ártabra dos CAPORI según o profesor  Higinio Martins ESTEVE, Boqueixón foi un teónimo (nome propio de un deus): *BOKKĀSIONOS, formado por *BOKKĀSIO- e o sufixo de divindade -NO-. *BOKKĀSIO- é de *BỌKKĀ “fociño” (> lat. bucca. Logo é “o Divino Falador). Para este profesor o “Divino Falador” non era outro que Táranis “o Atronador”, deus da guerra, 2ª función de Dumézil, a quen adoraban nos montes.

Podería ser Taranis/Dagda o ídolo adorado pola Raíña Lupa no Pico Sacro?

image006O nome do deus Taranis provén de taran, trono, e pode asemellarse co Thor, da mitoloxía nórdica ou Xúpiter, da romana. É o causante do nacemento do muérdago mediante un raio que cae na rama dun carballo, pasando a representar a unión do ceo e da terra (recordemos que Plinio el Viejo comenta que non había nada máis sagrado para os celtas que os carballos, especialmente aqueles nos que crecerá o muérdago na súa corteza). Para os pobos de cultura céltica Taranis, o seu deus supremo, é tamén o deus dos fenómenos atmosféricos, as treboadas, os raios e os tronos, como Iovi Tonans (Jupiter Tonante). Taranis está vinculado a os montes e lugares elevados e aparece como Iupiter Candamius en advocacións de época romana.

No que respecta á teoloxía  posuimos tres tipos de testemuñas (si exceptuamos a iconografía): as dos escritores grecorromanos, as epigráficas e as que ofrecen as narracións mitolóxicas medievais. Á fonte principal é César, aínda que, teremos que ter en conta que realiza unha una interpretatio dos Deuses celtas, romanizando os seus nomes (e non sabemos ata qué punto tamén as súas funcións): o Deus que veneran de xeito máis notorio e a Mercurio o consideran inventor das artes, guía dos camiños e viaxeiros; despois adoran a Apolo (cura as enfermidades), a Marte (preside as guerras), a Xúpiter (domina o ceo) e a Minerva (responsable das artes e a industria) (César, Guerra de las Galias 6,17). O Xúpiter reflexado por César podemos relacionalo, grazas á epigrafía, con Taranis o deus do trono e do ceo.imaxe 4

O propio Xustino (XIV) sinala: Nos confines de Gallaeciae levántase un monte sagrado no que pode recollerse ouro, considerándose un sacrilexio profanalo con ferro, pero cando a terra é ferida por un raio, feito frecuente nestas terras, permítese entón recollelo, coma un regalo dos deuses. Recordemos que o raio é unha manifestación típica de Xúpiter, tanto do romano coma do celta.

Outros autores como F. Bouza-Brey ou F. López Cuevillas, manteñen a teoría de que probablemente o nume adorado no Pico Sacro ou Ilicino podería ter corpo de réptil ou estar simbolizado por un destes animais.

A ROMANIZACIÓN: O MONTE ILICINO

Algúns historiadores aseguran que as primeiras fontes escritas que nos falan do noso Pico Sacro son de orixe romana. Así, o nome que lle deron os romanos, e primeiro do que temos constancia, foi o de Monte Ilicino do que hai distintas teorías sobre o seu significado. Unha destas teorías identifica Ilicino coas aciñeiras.  Monte Ilicino aparece en documentos dos s. IX e X,  no “Tumbo de Santiago”, doazón feita por Alfonso III no 833, suponse que por estar poboado de aciñeiras, latín Ilex ilices, unha árbore que tiña tal importancia para os druídas que dela vén o nome que lles deron os gregos aos sacerdotes celtas ou galos: homes das aciñeiras, porque habitaban nestas fragas de ilices, así que é verosímil ver no dragón do Monte Ilicino-Pico Sacro de Lupa, un símbolo do druidismo=paganismo). Por outra banda ilicinus, nos glosarios antigos, é unha serpe que habita nos carballos ou aciñeiras (ilex). IMG_1850

O Monte Sacro pertenceu ao longo do período romano ao convento xurídico (provincia) de Lucus Augusti (a actual Lugo). Dende a capital de provincias partían toda unha serie de vías ou calzadas inprescindibles para articular o territorio favorecendo o comercio, o traslado de tropas, de novas… Unha destas vías, a número XIX, que unía Lugo con Iria Flavia e Bracara Augusti (Braga no actual Norte de Portugal), que era a outra capital provincial da antiga Gallaecia, pasaba moi cerca do Pico polas parroqias de San Fins (Vedra) e Sergude, Lamas e Gastrar (Boqueixón). Desta vella calzada romana chegounos un miliario que se atopou na aldea da Gándara, entre San Fins e Sergude, depositado no museo de arte sacro de Compostela. A súa finalidade sería parecida aos actuais postes quilométricos pero engadindo máis informacións, coma o ano de realización ou o emperador que gobernaba (neste caso Calígula).

Escravos ás ordes romanas serían os encargados, segundo a historiografía tradicional, de abrir as famosas e lexendarias covas do Pico en búsqueda de materiais preciosos. A chamada Rúa da Raíña Lupa, impresionante trincheira de 2 m de ancho por 6 de alto,  próxima ás covas, sería aberta para facilitar o traslado de materiais á ladeira sur do Pico con dirección ao río Ulla e logo xa nos portos costeiros cara a metrópole.

Esta teoría está actualmente descartada, despois do rigoroso estudo que levaron a cabo os membros do Clube de Espeleoloxía Maúxo, que publicaron un interesantísimo libro que se pode consultar nesta mesma web. Para os técnicos deste club, a orixe das covas, da rúa da raíña Lupa e doutros elementos xeolóxicos no Pico sería de orixe xeolóxica e natural.pag81

O PICO SACRO NA LENDA XACOBEA

O Codex Calixtinus ou Códice Calixtino, tamén coñecido como Liber Sancti Iacobi é una recompilación de textos xacobeos realizada no século XII que, según moitos image002historiadores, son de distinta procedencia, data e autor. Pero, por qué entón se chama Códice Calixtino?, porque a través dunha carta apócrifa de Inocencio II (1130-1143) atribúese esta obra ao Papa Calixto II.

Quén era Calixto II, recollendo as palabras do historiador G. F. Arquero Caballero: “Este Pontífice, cuyo nombre previo era Guido de Borgoña, había sido abad de Cluny. Además, era hermano del conde de Galicia Raimundo de Borgoña, casado con doña Urraca y padre de Alfonso VII, por lo que Calixto II era tío del soberano leonés. Esto acerca al pontífice, asimismo, al proyecto político-religioso de León, donde Alfonso VII se apoyó en la Orden de Cluny y había potenciado el Camino de Santiago.”

O Códice está dividido nun apéndice con documentos e cinco libros dos que o terceiro fai referencia ao traslado do corpo de Santiago de Xerusalén a Galicia.

O RELATO DA TRASLACIÓN

Tras o falecemento de Santiago o Maior de mans do rei Herodes Agripa no ano 42 d.C., os seus discípulos apodéranse furtivamente do corpo do seu mestre e oimage004 trasladan nunha barca desde Xerusalén ata Galicia. Tras sete días de travesía arriban en Iria Flavia (Padrón), feudo pertencente a certa señora chamada Lupa ou Luparia, unha dama viúva e de nobilísima estirpe, á quen lle solicitan un lugar para sepultar a seu mestre. Considerando ela a súa petición os envía, hipocritamente, a solicitar a autorización do “rei que vive en Duio”.

O rei, despois de escoitalos prepáralles unha emboscada co obxecto de matalos, pero os discípulos descobren a trampa e foxen. Ao saber aquel da fuxida, perségueos cos seus cortesáns, mais ao cruzar unha ponte durante a persecución, esta derrúbase instantaneamente. Os discípulos volven onda Lupa e cóntanlle o sucedido, pedindo de novo a cesión do templo. A raíña simula ceder, pero en realidade engánaos enviándoos a coller “uns bois mansos que teño nun monte, e carreando con eles o que vos pareza de máis utilidade e canto necesitedes, edificade o sepulcro”.

image006Os discípulos chegan ao monte pero atácaos “un enorme dragón”, que se lanza votando lume contra eles, máis acordándose das doutrinas da fe, plántanlle cara ao dragón a través do sinal da cruz que fai que o animal rebente pola metade do ventre. Despois bendicen o monte, “chamado antes o Ilicino”, como se dixeramos o que seduce e “foi chamado por eles Monte Sacro, é dicir, monte sagrado”. Encontran despois que os bois prometidos eran “bravos”, pero ante o asomo de Lupa, ao achegarse os discípulos a eles déixanse poñer o xugo mansamente. Ela, “recoñecendo os admirables milagres”, cede por fin e convértese ao cristianismo. Entón comezan as obras do sepulcro do Apóstolo, que custodiarán ata a súa morte dous dos discípulos que trouxeran o seu corpo, sendo enterrados despois no mesmo lugar.

A EPÍSTOLA DO PAPA LEÓN

A Epistola pape Leonis, tamén chamada Peseudoepístola de León, é un texto medieval en latín que narra por vez primeira o milagre da traslación do apóstolo Santiago desde Palestina a Galicia. image008

Consérvanse cinco versións principais da Epístola, as máis antigas aparecen nun manuscrito encontrado en Limoges (Francia) nun texto do mosteiro medieval do Pico Sacro conservado no Arquivo Histórico Nacional (Madrid). As outras tres localízanse no mosteiro do Escorial (Madrid), en Roma e no Códice Calixtino da catedral de Santiago de Compostela.

A versión máis antiga da Epístola, a correspondente ao manuscrito de Limoges, relata como os sete discípulos de Santiago trasladan o seu corpo, tras ser decapitado por orde de Herodes desde Xerusalén, navegando con el durante sete días nunha nave gobernada por Deus. O barco remata a súa travesía en Galicia, na confluencia entre os ríos Sar e Ulla, nun lugar chamado Bisria.

Alí o corpo de Santiago elévase de xeito milagroso cara ao sol. Os seus discípulos, ante a súa desaparición, choran desconsolados e vagan terra a dentro ao longo de doce millas, atopando o corpo do seu mestre sepultado nunha tumba baixo arcos de mármore (sub arcis marmoricis) nun lugar do que non se cita o nome. Relata tamén, como tres dos discípulos tiveron que facer fronte a un dragón que vivía nun monte próximo chamado Ilicino ao que matan. Estes discípulos son Torcuato, Teodoro e Atanasio, que serán os que descansarán ao lado do Apóstolo; mentres os outros catro regresan a Xerusalén na mesma nave guiada por Deus.

A ENCÍCLICA “DEUS OMNIPOTENS”

image010O papa León XIII publica en 1884 a Encíclica “Deus Omnipotens” na que certifica a autenticidade das reliquias conservadas en Santiago e resume o que, varios antigos documentos e códices, dicían respecto da sepultura de Santiago: “Despois de morrer o Apóstolo Santiago en Xerusalén, foi recollido polos seus discípulos Atanasio e Teodoro, os cales embarcaron co Santo Corpo arribando nas  costas de España, correspondentes á rexión da Amaía, na que reinaba dona Lupa; esta raíña era idólatra e moi pérfida; pero os discípulos puideron librarse das maquinacións con que os perseguiu á súa chegada e tránsito, e, logrando internarse na rexión, déronlle sepultura ao Santo Corpo nun pequeno outeiro, fabricándolle un hipoxeo e unha pequena igrexa. Os seus discípulos permaneceron na súa custodia ata que, á súa morte, foron enterrados ao lado do Apóstolo polos naturais do país, que converteron ao cristianismo”.

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade