Posicionamento / Localización

Centro de Interpretación

O Monte Sagrado de Galicia

Libros, audiovisuais

Podes baixar este vídeo dende aquí

O Pico Sacro

“Representade na vosa imaxinación unha pirámide colosal sobre o horizonte dun val, un obelisco xigantesco que sae encontro das paisaxes da veiga, unha montaña cónica, coroada, coma a Cibeles da mitoloxía, con fantásticas ameas de cuarzo: velaquí o Pico-Sagro da Ulla-baixa.
Esta eminencia é o cráter dos aguaceiros e a fragua dos raios. É o símbolo do misterio e da soidade. A pirámide é unha figura xeométrica que pertence á relixión desde que se colocou sobre os sepulcros. Montaña ou catafalco, a pirámide é a mensaxeira dunha resignada melancolía. O Pico-Sagro é observado, consultado e espiado polos habitantes da Ulla-baixa. É o pai tutelar da comarca: é un barómetro colosal. Parecese ao avó dunha familia, que onde queira que se presente é saudado con respetuosa veneración. Sobre o seu cumio descansan as nubes; no centro das súas prolongadas vertentes adivíñanse pavorosas galerías. As sementes son impelidas polo vento hacia os seus graneiros fabulosos: as tempestades que desgaxan as rocas amontoadas no seu cumio, sobre as vereas abertas polos aluvións, saen do seu cavernoso abismo”.

Neira de Mosquera “ El Pico-Sagro”. Semanario Pintoresco Español (1851).

Concello de boqueixón. Teléfono 981 513061 | Condicions de uso e Política de privacidade

Uso de cookies

Informámoslle de que esta web usa cookies. Faga click na nosa política de cookies, para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies

Comparte

Comparte a nosa web sobre o pico sacro