Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello

Sergude

É a parroquia máis extensa, con 9,4 Km2., e nela habitan 808 habitantes. Localízase na ladeira nordeste do Pico Sacro formando un pequeno val arredor do río Pereiro. As súas fértiles terras adícanse a prado e á produción agrícola. Ben comunicada coa capital de Galicia a través da N-525 e pola AC 960 Santiago-Vila de Cruces. Consta de doce entidades de poboación: Deseiro de Abaixo, Deseiro de Arriba, A Eirexe, Gándara, Lamas, Mareque, Noenlle, Pumares, Quián, Rodiño Grande, Rodiño Pequeno e Vilar.

Igrexa Parroquial de San Breixo de Sergude

Igrexa Sergude

As primeiras referencias documentais sobre este templo datan do ano 1632, nas que xa se describe o seu estado ruinoso. Isto motiva a súa reconstrución, que se levará a cabo na primeira metade do século XVIII. Iníciase coa capela maior en 1701, reformando o anterior presbiterio en paredes, bóvedas e caleados. Dende 1729 a 1750 levántase o novo corpo, que adopta forma de cruz latina, capelas laterais, capela maior e, por último, a torre coas técnicas, materiais e proporcións do Barroco. No seu interior apenas presenta decoración. Chaman a atención as voluminosas placas xunto ás molduras do entaboamento que o recorren, e que dan ao edificio unha plasticidade e movemento típico do estilo imperante neste momento histórico.
Non obstante, a fachada e a torre responden a criterios historicistas cun deseño austero, sinxelo e sen ornamentos.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo do Santo Cristo e Retablo de Ánimas.
· Imaxinaría: Nosa Señora do Rosario, San Ramón, San Antonio de Padua, A Sagrada Familia, San Gregorio, San Breixo, Crucificado, San Roque, San Antonio Abad, Inmaculada Concepción, Sagrado Corazón de Xesús, San Bieito e San Miguel.

Capela de San Bieito

Capela en Sergude

Atopamos esta capela, edificada na segunda metade do século XIX, integrada nunha carballeira de gran beleza, a carón de onde se celebra a Feira Mercado de Rodiño os segundos domingos de cada mes. Presenta planta de salón, destacando a súa sinxeleza, xa que carece de ornamentación tanto no seu interior como no exterior, con muros desprovistos de decoración e lisos propios da arquitectura historicista.

Imaxinaría: San Bieito.

Cruceiro Parroquial

Situado no campo da festa, ten plataforma cuadrangular e pedestal cúbico con remates en chafráns. Varal octogonal, capitel cadrado moldurado e cruz romboide con remates floreados con motivo circular de Corpus. Todo en granito.

Cruceiro de Rodiño

Cruceiro en Sergude

No lugar de Rodiño Grande, no campo da festa de San Bieito atopamos este cruceiro de granito con plataforma cuadrangular e pedestal cúbico con remates en chafráns. Varal octogonal, capitel cuadrangular moi moldurado e cruz romboide con remates floreados e motivo circular de Corpus no centro dos brazos.

Cruceiro de Quián

Cruceiro de estilo rústico. Entre pedras que substitúen á plataforma, xorde o varal octogonal con pequeno pedestal. Sen capitel e cruz octogonal con remates floreados.

Pazo de Quián

Parroquia de Sergude

Pazo de Quián, actualmente sede do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Galicia

Antiga residencia da familia dos Campuzano, está ocupado hoxe polo Centro de Formación e Experimentación Agraria, quedando en pé un edificio con torre con ameas e unha capela unida de estilo neoclásico e planta rectangular.

Ponte de Busacos

Ponte romana situada no lugar de Gándara que divide e da paso, respectivamente, aos concellos de Boqueixón e de Vedra. Consta de dous arcos, un de medio punto e outro apuntado. Por el discurre unha das máis importantes rutas de peregrinacións a Compostela: Vía da Prata-Camiño Sanabrés.

Local Sociocultural de Sergude

Parroquia de Sergude

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}