Parroquia de 8,20 Km2 de extensión formada polos núcleos de Agra, Caneda, A Eirexe, Lamparte, Loureda, Midón, A Moa, O Outeiro e A Pena. Localízase ao norte do concello, coroada polo monte Castelo de 497 m. de altitude. Habitan nesta parroquia 210 habitantes. Antigamente pertencía á xurisdición de Bendaña, formando parte por aquel entón de Santiago de Compostela. Resulta chamativo neste lugar a proliferación de hórreos de planta cadrada (típicos da zona de Asturias), conservándose actualmente sobre 25 hórreos, sendo os máis antigos os de Midón e Outeiro, realizados con pés de cantaría e corpo de madeira.

Igrexa Parroquial de San Pedro de Loureda

Construída con nave rectangular no século XVI e reformada a finais do XIX e comezo do XX, á que se lle engadiu a Capela do Carme. Destacan os seus retablos de estilo barroco.

Cruceiro Parroquial

Situado no campo da festa, presenta plataforma cuadrangular e pedestal cúbico. Varal cadrado con chafráns e capitel cuadrangular con volutas, follas de acanto e querubíns. Cruz cuadrangular que ten no anverso o Cristo Crucificado, e no reverso, a Virxe en actitude orante.

Castros da Igrexa e de Monte Castelo

Asentamentos fortificados dos que só se conserva e aprecia a súa forma.

Miradoiro de Monte Castelo

Dende esta elevación de 497 m. de altitude domínase unha importante extensión de terreo, que nos permite observar a beleza do municipio e a cidade do Apóstolo.

Ponte de Caneda

Pequena ponte antigamente construída con lousas e reconstruída en cantaría. A súa finalidade foi comunicar as parroquias de Vigo e Loureda así como facilitar o paso aos muíños da zona.

Local Sociocultural de Loureda

Parroquia de Loureda

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade