Parroquia bañada na súa integridade polo río Ulla que lle outorga gran fertilidade ás súas terras adicadas á produción agrícola e gandeira. Pola súa situación conta cunha importante historia, zona de paso no tempo dos romanos, priorado visitado polos arcebispos de Compostela e escenario de loita contra os franceses. Os seus 266 habitantes viven nas poboacións de Ledesma, O Monte, Noente, A Ponte e Vila, que ocupan unha superficie de 2,70 Km2. Dispón de boas comunicacións internas e a súa parte occidental está cruzada pola AC-640, que comunica Santiago con Vila de Cruces.

Igrexa Parroquial do Divino Salvador de Ledesma

Esta igrexa de planta de salón foi obxecto de numerosas reformas durante o século XIX, pero conserva a estrutura dos muros derivados da gran reforma iniciada en 1752. A nave está cuberta con madeira a tres augas e a cabeceira con bóveda de canón. A súa fachada rompe o esquema clásico pentagonal, pois o remate triangular presenta tres lados. A parte central serve de apoio á espadana cuadrangular dun só corpo con dous arcos de medio punto peraltados entre machóns nos que se colocan as campás. Como remate, tres pináculos, o central montado sobre un cilindro.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo da Inmaculada e Retablo da Nosa Señora do Carme.
· Imaxinaría: Divino Salvador, San Xosé, Virxe do Rosario, San Roque, San Pedro, San Francisco de Asís, Cristo Crucificado e San Antonio de Padua

Cruceiro de Vila

Plataforma cuadrangular con pedestal e varal cadrados con chafráns na que destacan motivos peregrinos: cruz, vieira, etc.. Capitel troncocónico invertido con reberete. Cruz rectangular con motivo da Paixón: a escada. No anverso, o Crucificado, no reverso, sen imaxe.
Cruceiro da Ponte
Realizado en granito sobre plataforma recente. Presenta pedestal rectangular e varal octogonal. Capitel corintio e cruz rectangular. No anverso, o Crucificado, e no reverso sen imaxe.

Ponte Vella de Ledesma

Ponte Ledesma
Ponte vella de Ledesma, vista dende a ponte nova
Ponte Ledesma
Detalle de tres  dos sete arcos de pedra que compoñen a ponte vella de Ledesma
Parroquia de Ledesma
Vista da calzada da  ponte vella

As características formais e construtivas permiten atribuír esta ponte aos séculos XVI ou XVII. Á entrada do mesmo e ata o século pasado cobrábase o portazgo. Durante a Guerra da Independencia tivo lugar aquí unha batalla contra o exército francés, a cargo de veciños da comarca dirixidos por varios párrocos e baixo as ordes do Marqués da Romana. Posúe nove arcos, todos eles de cadeirado. As bóvedas apóianse sobre pias de cadeirado con taxamares triangulares augas arriba e trapezoidales augas abaixo. A rasante é case horizontal no seu tramo central, descendendo cara aos accesos. A posibilidade de empregar o río como zona de baño é un atractivo máis a engadir ás características desta singular ponte.

Ínsuas de Gres

Situadas a carón da Ponte Vella, as catro illas e varios illotes forman unha das paraxes máis fermosas da comarca.

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade