Localízase ao norte do termo municipal e constitúe límite co concello de Touro. As súas terras moi fértiles adícanse a pastos e á produción agropecuaria. Os seus 100 habitantes distribúense en 4,80 Km2 e en sete entidades de poboación: Casalpeguito, A Eirexe, Gastrar, Reguengo, Trión, Vilaboa e Xiadás. Polos montes deste termo cruzaba unha antiga vía romana que, procedente de Bracara Augusta (Braga), se dirixía a Lucus Augusti (Lugo); consérvanse importantes vestixios desta vía recollida no itinerario de Antonino.

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Gastrar

As primeiras noticias documentadas sobre este edificio de planta de salón datan da primeira metade do século XVIII, pasando por sucesivas modificacións, sendo a arquitectura que hoxe contemplamos do século XIX, con trazos claramente historicistas que transformaron por completo o templo, dende o coro, arco triunfal, bóveda do presbiterio, paredes e espadana do seu interior ata a fachada exterior lisa, sen ordes e cun clásico frontón

Retablos: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Sagrado Corazón de Xesús, Santa Mariña, Nosa Señora do Perpetuo Socorro, San Antonio de Padua, Santa Lucía, Nosa Señora do Rosario, Inmaculada Concepción e o Cristo Crucificado.

Castro de Gastrar

Vistas en Gastrar

Asentamento fortificado da Idade de Ferro, no que se observa a presenza de medorras (mámoas). Recentemente posto en valor, cunha profunda limpeza da maleza que o cubría por completo, pódese apreciar con claridade no terreno os diferentes niveis e partes do Castro.

Área recreativa dos muíños de Gastrar

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade