Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello

A Granxa

Esta parroquia comprende o cumio do Pico Sacro e a vertente norte do mesmo, cunha extensión de 6,20 Km2. Acolle unha poboación de 109 habitantes. Fórmana catro entidades de poboación: Ardilleiro Grande, Ardilleiro Pequeno, A Igrexa e Reboredo. A toponimia indica gran riqueza forestal, con abundancia de coníferas e carballos.
É unha das parroquias cunha historia máis coñecida e documentada. Unida á tradición do Pico Sacro, a documentación xa desde o século IX, procede dos antigos mosteiros de San Lourenzo e de San Sebastián.

Igrexa Parroquial de San Lourenzo da Granxa

 

Na actualidade esta igrexa de planta rectangular cunha soa nave é a expresión de diferentes fases construtivas. Unha primeira etapa desenvólvese en época románica, séculos XI e XII, estilo ó que pertencen o presbiterio, a capela maior e o retablo de cachotaría. Unha segunda etapa corresponderíase co primeiro terzo do século XVIII, en época barroca reformáronse os pés do templo coa construción da tribuna, porta e campanario. O corpo da igrexa pasou por diversas reconstrucións e prolongacións, no 1901 realizouse de novo a escaleira, a espadana e a tribuna, e no ano 1918 restáurase o altar maior. Cando no ano 1973 se levan a cabo unhas importantes obras de restauración, descóbrese unha columna-sepulcro de reliquias procedente da primitiva construción do século IX en tempos do Bispo Sisnando.
No seu interior poderemos admirar:
· Retablos: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Santa Lucía, Nosa Señora do Rosario, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua, Santa Bárbara, Sagrado Corazón de Xesús, San Lourenzo e o Cristo Crucificado.

Ermida de San Sebastián do Pico Sacro

 

Fermosa capela de planta de salón localizada na ladeira do lendario Pico Sacro, moi preto da cima. Permanece da primitiva construción o altar do presbiterio (s.XI), construído en granito e o retablo en cachotaría. Na Capela Maior, de época románica, consérvase un par de columnas que responden ao estilo mateano e serven de apoio a un arco triunfal. Durante os séculos XIX e XX, sucédense os arranxos e reformas do santuario que afectan ás bóvedas e ao tellado, constrúese o alpendre e refíxose o arco de pedra. No ano 1998, o Concello restaurou todo o templo e reacondicionáronse os accesos e diversas sendas de percorrido do Pico.
· Imaxinaría: dúas esculturas en madeira de San Sebastián.

O PICO SACRO

O Pico Sacro sitúase no Concello de Boqueixón, entre as parroquias de Lestedo e A Granxa.

Ten unha altitude de 530 metros sobre o nivel do mar, o que permite unha das vistas panorámicas de maior extensión de Galicia.

O Pico Sacro ou “Monte Sagrado”, é  posiblemente o lugar de Galicia que concentra tantas historias reais coma mitolóxicas e lendarias, sendo unha das montañas máis míticas e coñecidas de Galicia. Airoso e dominante sobre os vales do curso medio do Río Ulla, fonte de innumerables lendas e contos populares, este monte foi venerado polos habitantes da comarca antes e despois do cristianismo, cumprindo un papel esencial no mito do traslado do corpo do Apóstolo Santiago.

Local Sociocultural da Granxa

A Granxa

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}