Ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento
Rural pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo
que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader,
cofinanciadas co Feader no marco do Programa de Desenvolvemento rural de Galicia 2014-
2020, o Concello de Boqueixón está a implantar un SISTEMA DE AUTOMATIZACIÓN para as
bombas de alta e sistema de control no depósito de auga no Pico Sacro, na ETAP do Pontillón
e control bombeo do Río Ulla, coa finalidade de realizar un control automático e exhaustivo.
Coa instalación deste sistema, conseguirase axustar correctamente o gasto eléctrico e
adaptalo á demanda estimada e ó nivel de auga tratada existente no depósito conseguindo un
AFORRO e unha EFICIENCIA ENERXÉTICA IMPORTANTE DE MÁIS DUN 30% ASÍ COMO UNHA
RACIONALIZACIÓN E AFORRO NA XESTIÓN DE AUGA.

Arriba