No día de hoxe, deu comezo o Obradoiro de Emprego Boqueixón-Vedra 2017, no que se desenvolverán accións formativas teórico-prácticas dos certificados de profesionalidade das disciplinas de carpintería e albanelería.

Este obradoiro está integrado por un total de 20 alumnos traballadores de Boqueixón e Vedra que se formaran ata o mes de xuño de 2018. Trátase dunha acción financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Fondo Social, e os concellos de Boqueixón e Vedra. 

Arriba