VII RUTA DO COLESTEROL trátase de unha proba de fondo de 50km que transcurrirá por camiños non asfaltados na súa inmensa mayoría. Aproveita ó máximo os recursos que a nosa orografía nos ofrece, e por iso se está a converter nunha referencia no mundo das andainas.

Parte este sábado 17 de xuño de 2017 de Camporrapado (Boqueixón) ás 9:00h. da mañá.

Percorreremos sendeiros a través dos nosos montes, a carón das augas que bañan as nosas terras, as do río Ulla e o Deza, e coñeceremos a fonto os retrincos máis encantados do noso concello. o de Boqueixón. Ademáis, neste edición de 2017, contaremos con máis de 45 Km!!! de sendas e camiños inéditos que non foron empregados até o de agora.

Castros, sendeiros a caron dos nosos ríos, pontes romanas, árbores centenarias con milleiros de historias, montes encantados, vistas espectaculares a Compostela… ademáis, desta volta percorreremos os camiños de ata 6 concellos: Boqueixón, Touro, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada e Vedra. Todo esto é o que a RUTA DO COLESTEROL vos ofrece, unha viaxe pola Galicia máis natural e enxebre. Unha viaxe á que non podedes faltar.

Voltaremos a contar cun percorrido nun só anel, de 50 km, cunha porcentaxe de camiños sen asfaltar altísima (máis do 90%).

Aínda asi, e repetindo o sistema empregado na pasada edición, implantaremos unha modalidade durante os primeiros 25 km. Para todos aqueles que non desexen completar a totalidade da proba, ofrecémoslle a posibilidade de facer os primeiros 10, 18 ou 25 km cuns márxenes de tempo extra, de maneira que poidan disfrutar do percorrido sen as esixencias de tempo requeridas para o resto dos participantes. Compre decir que manteremos abertos os controis e, polo tanto, terán dereito aos avituallamentos tradicionais durante esos primeiros 25 km. Tanto os participantes que abandonen por problemas físicos coma os que decidan facer un percorrido máis curto serán transladados ó punto de inicio da proba polos vehículos da organización.

E, como non, a nosa proba será valedeira para o Campionato Galego de Andainas de 50km, por quinto ano consecutivo.

Organiza: Asoc. Acción Voluntaria

Colabora: Gadis, Ramsa e Concello de Boqueixón

Arriba