Historia


A historia de Boqueixón

Orixe do concello

A creación do Concello de Boqueixón data do século XIX, co tránsito do Antigo Réxime ao Estado liberal.

O modelo organizativo do Antigo Réxime caracterizábase pola proliferación confusa de autoridades das máis diversas especies, con funcións non delimitadas a usanza de hoxe, e actuando sobre unhas divisións territoriais imprecisas e sobrepostas que pouco teñen que ver coa división municipal actual, por non obedecer a unha auténtica división administrativa, senón a unha situación de pertenza.

Os concellos non tiñan en Galicia, por imperativos orográficos e de asentamento da poboación, a tradición que tiñan por exemplo en Castela. Así só contaba con 57 concellos, o que supoñía só unha pequena parte do territorio, quedando entre eles extensas zonas da chamada terra de reguengo. A parroquia suplía esta ausencia e permitía a organización espontánea e vigorosa dos concellos de parroquia, asembleas veciñais para a resolución de problemas comúns.

Coa Constitución de Cádiz de 1812 comezan os intentos de racionalizar e simplificar o panorama organizativo. Galicia queda unificada como única provincia, substituíndo ás sete históricas. A nova Deputación Única propón os criterios que deben seguir os novos términos municipais pero a reacción dos partidarios do Antigo Réxime impediu o seu desenvolvemento.

Co inicio do trienio liberal en 1820 reiníciase o proxecto. Nunha primeira proposta as parroquias do actual Concello de Boqueixón foron integradas no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar e á súa vez estarían distribuídas entre os novos concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. A proposta será rexeitada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último é substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que xunto co de Vilar agruparon á maioría das parroquias do actual Boqueixón. A nova organización só durou ata 1823 debido ó retorno de novo ao Antigo Réxime.

O actual organigrama territorial ten a súa orixe en 1833, cando se crearon as actuais catro provincias, os Partidos Xudiciais e os Concellos. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 25 de abril de 1836, en base a un Real Decreto da Rexenta Mª Cristina, publica a nova división territorial que afecta a todo o Estado en base a criterios mecanicistas (os concellos non deberían medir máis de catro leguas). O Gobernador Civil da Coruña, Pío Pita Pizarro, adaptará en 1936 o Real Decreto ás circunstancias particulares de distribución da poboación galega, adquirindo a parroquia un lugar central na constitución dos concellos.

A Deputación Provincial da Coruña fixo a proposta de división municipal para o Partido Xudicial de Santiago nese mesmo ano de 1836, onde xa figura o Concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se unirá en pouco tempo ao desaparecido Concello de Conxo).

Unha sucesión de vales e montes orientados cara o río Ulla

Historia institucional

O concello de Boqueixón situase ao sur da provincia da Coruña, á que pertence administrativamente.

s parroquias que hoxe constitúen o concello de Boqueixón pertencían no antigo réxime ás xurisdicións de Cira, Granxa, Lestedo e Monte Sacro, Xiro de Rocha, Camanzo e Bendaña formando parte todas elas da provincia de Santiago.

No año 1820 se realiza a división de Galicia en partidos xudiciais e nunha primeira proposta, as parroquias do actual concello de Boqueixón, foron integradas no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar e á súa vez estarían distribuídas entre os novos concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Esta proposta será rexeitada en 1821, suprimíndose o partido e o concello de Sar. Este último é substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que xunto co de Vilar agruparon á maioría das parroquias do actual Boqueixón. A nova organización só durou ata 1823 debido ó retorno de novo ao antigo réxime. Na división xudicial de 1834 desaparece o partido de Sar, sendo as parroquias de Boqueixón incorporadas ao partido de Santiago.

Haberá que esperar ao ano 1836 no que a Deputación Provincial da Coruña fixo a proposta de división municipal para o partido xudicial de Santiago, onde xa figura o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se unirá en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

Durante 1840, a corporación a integraban dous representantes por parroquia elixidos ente os maiores contribuíntes. Durante estes anos non existe casa propia do concello, senón que as sesións celébranse nunha casa alugada na parroquia de San Vicente de Boqueixón.

No ano 1868, o alcalde don Manuel Couto Maceira, pide unha subvención á Deputación por un importe de 2.000 reais para mercar unha casa do concello, pero o estalido da revolución de maio de 1868 fai desaparecer esta corporación. Trala supresión territorial do concello pola Xunta Revolucionaria, a finais de 1868, a corporación reunirase na parroquia da Granxa, na casa de Don Manuel Mareque, depositario municipal.

Desde esta data ata 1950, a casa do concello carece dun lugar determinado e vaise trasladando a diferentes parroquias: Lamas, Casanova-Boqueixón, Lestedo, Codeso…, unhas veces en casas alugadas e outras en domicilios dos propios alcaldes. Será en 1950, durante a alcaldía de Don Antonio Orza Couto, cando se decide situar a capitalidade do concello de forma definitiva no Forte. Así o 16 de novembro de 1953 inaugurase a nova casa do concello.

Concello de boqueixón. Teléfono 981 513061 | Condicions de uso e Política de privacidade

Uso de cookies

Informámoslle de que esta web usa cookies. Faga click na nosa política de cookies, para máis información.

ACEPTAR