Presentación

Os concellos están obrigados a conservar a súa documentación debidamente organizada e descrita, co fin de lograr unha xestión administrativa cada día máis transparente e eficaz, que posibilite o dereito dos cidadáns para acceder á información municipal.

Deben, así mesmo, velar pola protección, recuperación e difusión do patrimonio documental do municipio. O Servizo de Arquivo, é o órgano do concello especializado na xestión e tratamento da documentación.

Un arquivo municipal, polo tanto, é un servizo público de carácter administrativo especializado na xestión e tratamento da documentación, na súa custodia e na súa divulgación. Está constituído basicamente polo conxunto de documentos producidos e recibidos polo concello da cidade no exercicio das súas funcións, ao longo da súa historia, que foron conservados para a súa utilización na xestión administrativa, a información cidadá, a proxección cultural e a investigación científica.

Deste xeito, un arquivo municipal é útil e necesario á Administración Pública, porque contén os antecedentes documentais para o seu bo goberno e administración; ao cidadán, porque no arquivo poden atopar os títulos ou as testemuñas imprescindibles para a defensa e reivindicación dos seus dereitos e intereses; ao investigador histórico, porque o arquivo é unha fonte primaria de investigación científica, base primordial da investigación histórica.

Datos identificativos e de contacto

Localización: Casa do Concello

Horario de apertura: 09:00 h.-14:00 h. de luns a venres

Teléfono: 981.513.061

Contacto postal: Forte, s/n. 15881-Boqueixón (A Coruña)

Enderezo electrónico: ana.diaz@boqueixon.es

Servizos
  • Información xeral tanto ao persoal propio do Concello como para os cidadáns e investigadores. Para estes últimos ofrécese asesoramento na busca e localización de documentos. O usuario pode realizar as súas consultas in situ, en horario de atención cidadá ou ben por correo electrónico.
  • Consulta de documentos: Para poder consultar documentos do arquivo, será preciso presentar o DNI ou documento xustificativo e cumprimentar a correspondente solicitude. Isto permitiralle obter información detallada sobre os fondos que desexe consultar así como realizar a consulta directa (sempre se xeito individual) tendo en conta a normativa de acceso, así coma as condicións de conservación do documento obxecto de consulta.
  • Préstamo de documentos a Administración sen outras limitacións que as derivadas da conservación e salvagarda da documentación atendendo ao estipulado na lexislación vixente e no Regulamento do Arquivo.
  • Reprodución de documentos: Reprodución libre a solicitude do interesado/-a coa limitación da protección documental e da salvagarda da súa integridade, e sempre suxeita a existencia de ordenanza municipal de taxas e prezos públicos para a reprodución de documentos.
  • Espazos públicos: Temos a disposición dos usuarios/-as unha sala de usos múltiples habilitada para a consulta de documentación.

Fondos e Coleccións

Cadro de clasificación do Fondo municipal

Realizado segundo o Cadro de Clasificación da Mesa de Traballo de Arquivos de Administración Local de Galicia. Resumo:

1.- GOBERNO

1.1 CONCELLO/PLENO (1847-2009)

1.2. ALCALDE (1937-2012)

1.2. COMISIÓN DE GOBERNO/PERMANENTE (1924-2012)

1.3. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS (1990-2012)

 

2.- ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA (1932-2012)

2.2. REXISTRO (1928-2012)

2.3. PATRIMONIO (1929-2011)

2.4. PERSOAL (1869-2017)

2.5 SERVIZOS XURÍDICOS (1955-2014)

2.6 CONTRATACIÓN (1954-2014)

2.7. ARQUIVO (1867-2012)

 

3.- SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO (1895-2013)

3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS (1957-2012)

3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS (1868-1998)

3.4. TRANSPORTES (1958-2010)

3.5. SEGURIDADE CIDADÁ (1959-2004)

3.6. SANIDADE (1883-2009)

3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL (1860-2009)

3.8. EDUCACIÓN (1852-2012)

3.9. CULTURA (1959-2011)

3.10. DEPORTES (1978-2012)

3.11. POBOACIÓN (1879-2005)

3.12. QUINTAS E MILICIAS (1899-2001)

3.13. ELECCIÓNS (1892-2005)

 

4.- FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN (1879-2015)

4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN (1850-2016)

4.3. TESOURERÍA (1868-2010)

 

Volume do fondo documental: 260 metros lineais de estanterías ocupadas por 1490 Unidades de Instalación.

Fondos dixitalizados

Libros de Actas dos Plenos (1847-1938):

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade