Aloxamento

ALBERGUE RAÍÑA LUPA

Lugar de Deseiro- Sergude

Teléfono: 981 511 803/ 679 842 829

Web: www.alberguereinalupa.com

Albergue familiar inaugurado en 2018. Dispón de 14 prazas en liteira e 4 en camas, distribuídas en 2 habitacións dobres con baño e 1 habitación con liteiras con 14 camas. Conta con servizo de sabas de tea e toalla, duchas, auga quente, calefacción,  salón de xogos e lectura, terraza, lavadora e secadora.

CASA DE CASAL

Cachosenande-Lestedo
Teléfono: 981.503.227

Web: www.casadecasal.com

Típica casa rústica galega do século XVIII, coñecida inicialmente como Casa das Mulas e máis tarde como Casa dos Reitores, foi recentemente restaurada mantendo intacta a súa arquitectura tradicional. Dispón de nove habitacións dobres con baño e fío musical, unha delas acondicionada para minusválidos, ademais de amplos salóns, terraza, lareira, lagar, servicio de comedor e calefacción central.
Na finca de 45.000m2 que rodea a casa atópase unha carballeira, árbores froiteiras, camelias, horta e invernadoiros de flores. A súa privilexiada situación a escasos 100m da Ruta da Prata, itinerario de peregrinaxe a Compostela, permite ao visitante achegarse ata ó cumio do Pico Sacro.

CASA DE LAMAS

Lamas 15 – Sergude
15881 Boqueixón
Telf.: 981589045 / 696845681
Dispón de oito habitacións con baño para alugar a estudantes e particulares. Conexión a internet.

Fotos Casa de Lamas:

Concello de Boqueixón.Política de privacidade. Política de Cookies. Ferramentas de privacidade