Alcaldía

foto-pax-2

Manuel Fernández Munín

Benquerid@s internautas,

Como alcalde de Boqueixón, quérovos dar a benvida a esta verde e máxica terra percorrida polo río Ulla, que fai deste concello un lugar coma poucos para poder disfrutar da paisaxe da Galicia máis tradicional. As súas illas, pontes, fervenzas, muíños.… constitúen de por se, mostras do acervo cultural e natural deste concello preservados pola hospitalidade das súas xentes.

Estamos nunha terra de peregrinación, nos dominios da Raíña Lupa e ao carón do mítico Pico Sacro, referente dos pereginos que percorren a Vía da Prata e o camiño portugués porque aquí atopan, o primeiro lugar, dende onde se divisan as torres da Catedral de Santiago de Compostela. A nosa historia está intimamente ligada á chegada do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia, tal e como recolle o Códice Calixtino, catalogándose o noso Pico Sacro como a primeira tumba do Apóstolo.

Pretendo que esta páxina web constitúa unha porta aberta aos viaxeir@s e, por suposto, aos meus veciños e veciñas para conseguir entre tod@s que este espazo sexa unha canle de comunicación fluída e participativa, unha ferramenta eficaz de información e transparencia que contribúa a mellorar a xestión dos servizos municipais e a proxectar Boqueixón ao mundo.

A  todos e todas, benvidos, á vosa casa.

Manuel Fernández Munín, alcalde de Boqueixón

foto-pax-2

Manuel Fernández Munín

Alcalde de Boqueixón

Natural e veciño de Sergude, 49 anos, casado e pai de tres fillos.

Concelleiro do Partido Popular durante ano e medio, dende xuño de  2015 ata novembro de 2016.

Participante activo dos movementos asociativos do concello: presidente da AMPA durante catro anos, membro da directiva da AMPA durante 6 anos, secretario da Escola de Fútbol Boqueixón e secretario da Asociación de Veciños Areosa de Sergude.

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, ten unha ampla traxectoria profesional como asesor fiscal sendo coopropietario dunha asesoría desde 1991.

foto-pax-2

En construcción, sexa paciente por favor

En construcción, sexa paciente por favor

foto-pax-2

Este formulario de contacto envíase directamente ó alcalde Manuel Fernández Munín

Concello de boqueixón. Teléfono 981 513061 | Condicions de uso e Política de privacidade

Uso de cookies

Informámoslle de que esta web usa cookies. Faga click na nosa política de cookies, para máis información.

ACEPTAR