Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 23 junio 2019

Compostela recibiu o Lume Sagrado do Pico Sacro da man das tribos celtas de Boqueixón e Callobre

OfrendaLumeSagradoPicoBoqueixon

Compostela conta dende onte á noite co Lume Sagrado do Pico Sacro para acender hoxe as súas cacharelas de San Xoán. As tribos celtas de Boqueixón e Callobre protagonizaron onte a entrega das chamas purificadoras na Praza de Mazarelos.

Ante a previsión de mal tempo, o desfile dende a Alameda non se puido realizar, polo que a comitiva da Raíña Alda e do Druída protagonizou un breve desfile dende o arco de Mazarelos ata a carpa habilitada na praza co gaio das Festas de San Xoán. O alcalde Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e máis o concelleiro Alejandro Bermúdez, acompañaron ás tribos celtas neste percorrido que lembra a ancestral tradición de celebración da chegada do solsticio de verán. Tamén participou a concelleira Ana Seijo, que se encargou de levar o estandarte co cartel do Lume Sagrado.

Arroupados por ducias de visitantes, as tribos celtas de Boqueixón e Callobre chegaron á carpa da Praza de Mazarelos. Alí, a Raíña Alda tomou a palabra para formalizar a Ofrenda do Lume Sagrado do Pico Sacro a Santiago. Un simbólico acto de unión entre os municipios boqueixanés e compostelán que chamou a atención de todas as persoas presentes.

A tradición celta culminará esta tarde coa Entrega do Lume Sagrado no Pico Sacro. Todas as persoas que desexen utilizar estas chamas acendidas directamente coa forza do Astro Rei poderán recollelas entre as 18.00 e as 20.00 horas.

Últimas propostas do ciclo Un mes e Pico

Estas actividades marcan xa a recta final do ciclo cultural Un mes e Pico. Ciclo Cultural: O Pico Sacro na Cultura Xacobea, que o Concello de Boqueixón desenvolve dende o pasado 17 de maio. A penúltima cita terá lugar o vindeiro venres 28 de xuño no Pico Sacro coa sesión de observación astronómica, baixo o título Unha ollada ó firmamento dende a tumba do dragón. A actividade, pensada para gozar en familia, estará dirixida polo recoñecido divulgador científico Jorge Mira e comezará ás 23.00 horas.

As actividades finalizarán o vindeiro sábado 29 de xuño na Capela de San Sebastián. Ás 20.00 horas a arqueóloga Isabel Filgueiras Rey impartirá a conferencia titulada O condado de Lupa no territorio Montesagro.

A xornada finalizará cun recital de piano, que correrá a cargo de Sofía Silva Carbajales. Todas as actividades do ciclo cultural Un mes e Pico son de carácter gratuíto. Por motivos de organización, recoméndase inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón (981 513 061 // boqueixonturismo@gmail.com).

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}