Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
  • Publicada o 10 marzo 2019

Milleiros de persoas desafían a chuvia para asistir á 36 Festa da Filloa de Lestedo

Miles de persoas desafiaron hoxe á chuvia para gozaren á 36 Festa da Filloa de Lestedo. Dende a organización indican que se cumpren as previsións de asistencia con arredor de 20.000 visitantes.

[envira-gallery id=»18019″]

Dende media mañá, os fogóns traballaron a pleno rendemento en Lestedo para ofreceren as racións de filloa, que se pode degustar en distintas modalidades: tanto doce –con chocolate, nata ou marmelo- coma salgada –con chourizo, carne ou rixóns-. A máquina filloeira non cesou de repartir entre os asistentes racións deste afamado produto.

 

Tras realizarse a tradicional recepción, deu comezo, dende o Hotel Vía Prata o IV Desfile dos Xenerais da Ulla. Esta actividade congregou unha vintena de Xenerais procedentes dos municipios de Boqueixón, A Estrada, O Pino, Teo, Touro e Vedra. A ampla e colorida comitiva percorreu a principal rúa de Lestedo acompañada pola música do grupo Recobío e seguida polas autoridades, que realizaron un percorrido polos distintos postos de elaboración de filloas para coñecer o traballo que está a desenvolver a veciñanza implicada no desenvolvemento da 36 Festa da Filloa de Lestedo.

O alcalde, Manuel Fernández Munín, estivo acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, así como por diversos rexedores de concellos da bisbarra compostelá, e polo pregoeiro desta edición, o xornalista de Onda Cero Santiago, Ramón Castro. Tras o percorrido polo campo da Feira, deu comezo o pregón, que foi presentado, un ano máis, pola actriz María Mera.

Manuel Fernández Munín agradeceu a asistencia das miles de persoas que se achegaron para presenciar este momento. Tamén lembrou, ao igual que Ovidio Rodeiro Tato e Rosa Quintana, a importancia do traballo da veciñanza de Lestedo. «Sen todo o seu esforzo, o éxito desta festa non sería posible”, asegurou o alcalde boqueixanés.

Pola súa banda, Ramón Castro lembrou como a filloa sempre estivo presente na súa vida, a través das ensinanzas da súa avoa e do seu avó. O xornalista de Onda Cero quixo render homenaxe “aos homes e as mulleres que seguen con esta tradición e que contribúen a transmitir a nosa cultura” a través dun produto tamén coñecido como “o pan do Entroido”. Tamén tivo Ramón Castro unhas verbas de agradecemento no seu pregón ao labor que desenvolven os Xenerais da Ulla na conservación da tradición dos atranques. O xornalista de Onda Cero finalizou a súa intervención facendo rir a todas as persoas presentes cunhas divertidas imitacións de persoas famosas.

Xa despois desta intervención, realizouse a imposición dos mandís de honra da 36 Festa da Filloa de Lestedo. O primeiro deles foi entregado polo alcalde de Boqueixón ao pregoeiro. A conselleira do Medio Rural impuxo o mandil de honra á instagrammer e blogger gastronómica Marité Romero López, máis coñecida como The Foodie Searcher. A continuación, recibiron cadanseu mandil e gorro da festa tres das gañadoras do Concurso de Filloas Radio Voz-Gadis celebrado en A Coruña. Estas foron Belén García Sabio, Araceli López Carballeda e Rosa María Fernández Rey. Rematou a entrega co recoñecemento á veciñanza de Lestedo que nesta ocasión, recaeu en José Salgado Rey.

Finalmente, entregouse a condecoración de Xeneral da Filloa 2019 a Esteban Estévez Maza. O voceiro da Orde dos Xenerais da Ulla, José Manuel Iglesias Gómez, leu a acta na que se xustificaba a entrega desta distinción “pola súa colaboración e labor a prol do mantemento deste tradicional Entroido”. A continuación, dúas Xeneralas da Ulla –unha delas, que amosaba o novo traxe deseñado por Carmen Pichel- protagonizaron un breve atranque, que foi moi aplaudido polo público.

A 36 Festa da Filloa de Lestedo continuou pola tarde cun atranque dos Xenerais da Ulla no Campo da Feira. As orquestras Finisterre e París de Noia encargáronse de poñer o broche de ouro a esta celebración coas súas actuacións que se alongaron ata a media noite.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}