Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 22 noviembre 2018

A sétima Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ ofrecerá nove pinchos en seis estabelecementos hostaleiros do municipio

PresentacionRutaTapasBoqueixon01

PresentacionRutaTapasBoqueixon01

O Concello de Boqueixón porá en marcha a sétima edición da Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’, que se desenvolverá os días 30 de novembro, e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro. A presentación desta cita tivo lugar esta mañá na Cervexería O Vikingo, segundo clasificado na Ruta do pasado ano, e contou coa presenza do alcalde, Manuel Fernández Munín, e do presidente do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, José Antonio Feijóo, e de representantes da hostalería do municipio.

Na súa intervención, o rexedor boqueixanés salientou que “nesta ocasión, participan un total de seis estabelecementos hostaleiros de distintas parroquias do municipio nos que se poderán degustar ata nove pinchos diferentes, tanto doces coma salgados”. En todas estas propostas, “o público terá a oportunidade de comprobar o bo facer dos estabelecementos hostaleiros do municipio, a través da exaltación dos produtos da zona, como carnes e toda a horta de Boqueixón, que se combinarán coa incorporación entre os seus ingredientes das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia”, concluíu.

Manuel Fernández Munín animou á veciñanza e visitantes “a deleitar os seus padais coas propostas culinarias desta Ruta de Tapas. Contamos cun sector hostaleiro de primeira que ten a capacidade de sorprender moi gratamente coa súa creatividade ante os fogóns”, afirmou.

Pola súa banda, José Antonio Feijóo agradeceu ao Concello de Boqueixón, municipio no que se atopa a sé do Consello Regulador, “a súa colaboración no desenvolvemento desta iniciativa que axuda a poñer en valor a versatilidade dos destilados galegos con selo de calidade e orixe”.

6 estabelecementos participantes e 9 tapas

Cada un dos pinchos presentados na VII Ruta das Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ ten un custo de 2 euros. Poderanse degustar os días 30 de novembro e 1, 2, 7, 8 e 9 de decembro en horario de mediodía e noite (de 12.00 a 15.00 horas, e de 20.00 a 22.30 horas).

Nesta iniciativa participan seis estabelecementos cos nove pinchos que se detallan a continuación:

ESTABLECEMENTO TAPA
Bar Restaurante O Imprevisto “Xarrete ó mencia con tempura de verduras á augardente”
Bar A Barreira “Mar e terra- pescadilla á crema”
Casa de Xantar Casa Castro “Bao na cunca”
  “ Cremoso de LK”
Restaurante Vente Vindo “Polo ELE_K”
  “Flan  de orujo”
Cervexería O Vikingo “Nove reinos”
Restaurante Vía da Prata “Polbo ó inferno”

“Chourizo ó inferno de Satán”

 

Premios para a clientela

A VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ realizará un sorteo de 3 premios entre a clientela, divididos en dúas categorías:

  1. Clientela cun mínimo de 4 selos en diferentes estabelecementos (cómpre degustar unha tapa en cada un dos catro locais). Neste caso, sortearase un lote de botellas de viño, cortesía das/os hostaleiras/os participantes na Ruta das Tapas e un lote de produtos amparados polo Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
  2. Clientela cos 6 selos dos estabelecementos participantes (cómpre degustar unha tapa en cada un dos 6 locais integrados na Ruta de Tapas). Neste caso, sortearanse dous premios entre as persoas participantes:
    – Premio en metálico de 120 €, aportado polas/os hostaleiras/os da Ruta de Tapas de Boqueixón e un lote de destilados galegos.
    – Vale regalo por valor de 120 € para canxear por unha comida/cea nun dos estabelecementos participantes por cortesía do Concello de Boqueixón e un lote de destilados.

Para optar a estes premios, a clientela deberá cubrir os folletos de participación que se poderán recoller en cada uno dos seis estabelecementos. No caso do primeiro, deberanse entregar selados por, polo menos, catro locais diferentes participantes e no caso dos segundos premios, deberán estar selados polos seis estabelecementos que se sumaron a esta VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’.

De todas as votacións do público participante sairán tamén as propostas vencedoras desta Ruta de Tapas. Así, nomearanse tres vencedores, co primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.

Pódese consultar o tríptico informativo da VII Ruta de Tapas ‘Que rico estás Boqueixón’ premendo aquí*. tamén se inclúe toda a información sobre alérxenos neste arquivo adxunto.

* NOTA: Detectouse un erro no tríptico físico, no que se indica mal a localización do Bar O Imprevisto (situado en O Forte e non en Camporrapado).

Adxuntos

  • INFORMACIÓN ALÉRXENOS (335 kB)
  • INFORMACIÓN ALÉRXENOS (335 kB)
  • TripticoRutaTapasBoqueixon (2 MB)
  • TripticoRutaTapasBoqueixon (2 MB)
  • TripticoRutaTapasBoqueixon (2 MB)
  • INFORMACIÓN ALÉRXENOS (335 kB)
  • TripticoRutaTapasBoqueixon (2 MB)
  • INFORMACIÓN ALÉRXENOS (335 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}