Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon, FORMACION E EMPREGO
  • Publicada o 12 abril 2018

A Secretaría Xeral de Emprego pon en marcha a segunda convocatoria do programa #Responsabilízate, dirixido a pemes, autónomos e autónomas

ProgramaResponsabilizateXunta

A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia vén de abrir a segunda edición do programa #Responsabilízate. Dirixido a pequenas e medianas empresas (Pemes) e autónomos e autónomas de Galicia a RSE (responsabilidade social empresarial), pretende acadar, coa participación de todos os axentes implicados, un tecido empresarial máis xusto, rendible e competitivo a través dunha forma de xestión responsable coa sociedade e o ambiente.

Na súa primeira edición, participaron un total de 127 empresas galegas. A este programa poden optar pemes e autónomos e autónomas, con polo menos unha persoa traballadora por conta allea ao seu cargo, que desexen dar un valor engadido a súa xestión a través da responsabilidade social empresarial poden realizar a súa inscrición a través do seguinte formulario. O prazo para a presentación de solicitudes rematará cando se acade o número máximo de prazas segundo a dispoñibilidade orzamentaria, informándose previamente a través desta mesma web e redes sociais de RSE Xunta.

Pódese acceder directamente ao formulario de inscrición premendo aquí.  Para máis información, pódese chamar ao teléfono 986 419 922 ext. 2024, ou enviar un correo electrónico a rita@responsabilizate.org ou relacionslaborais.emprego@xunta.gal.

As Pemes e autónomos e autónomas de Galicia beneficiarios entrarán a formar parte deste programa, que se divide en dúas fases.

  • Diagnose: Na primeira fase, analízase o estado das empresas e o potencial das mesmas en materia de responsabilidade social empresarial. Para tal fin emprégase o software gratuíto Xunta PRO RSE, unha ferramenta que tamén se usará para a elaboración das memorias de RSE. Esta fase complétase con formación. Así, os participantes tratan aspectos referidos á sensibilización e aos grupos de interese, así como as ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE. A formación conta cunha parte presencial, baseada en sesións grupais teórico-prácticas; e unha parte en liña a través dunha plataforma con contido específico. Ofrécese tamén o servizo de asistencia personalizada dun titor, con seguimento persoal dos participantes e avaliación da adquisición de competencias.
  • Plan de acción de RSE: A segunda e última fase oriéntase á redacción dun plan de acción de RSE específico para cada empresa. Co propósito de fortalecer o compromiso da empresa coa RSE e sentar as bases para un diálogo habitual e continuado cos grupos de interese, as empresas, acompañadas por asesores, recompilan a información necesaria para trazar un plan adaptado ás súas necesidades con tres dimensións de actuación: económica, social e ambiental. Unha vez identificadas as accións asociadas, os asesores axudan aos participantes a priorizar accións segundo a súa urxencia, viabilidade, garantía e importancia.

O programa #Responsabilízate desenvólvese co acompañamento dunha persoa cuxa misión é inspirar, motivar, formar e acompañar á peme na execución do programa de mellora e implantación da RSE.

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}