Andaina das letras

Con motivo do Día das Letras Galegas o Dpto. de Cultura organiza unha andaina literaria o vindeiro sábado 13 de maio, cun percorrido de aprox. 4 km dende a Área Recreativa de Sucira ata o Campo do río de Ponte Ledesma.

Durante o traxecto realizaránse paradas para disfrutar da natureza e da música que introducirá a lectura de poemas por parte de nenos e nenas de Boqueixón. Non faltarán unhas pinceladas de historia da nosa contorna.

O remate desta andaina enlaza coa Noite VELADA no Campo do río de Ledesma. Moita música, postos de comida e conxuro da queimada!!!!

Información e inscricións ata o día 11 de maio no tfno. 981 513115

Andaina

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025