A Consellería de Traballo e Benestar convoca a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2-1-2010 e o 1-1-2013, inclusive) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Requisitos:
– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos/as fillos/as.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2013.
Máis información no Departamento de Servizo Sociais 981513106 ou http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130401/AnuncioCA05-260313-0004_gl.html