A V Ruta de Tapas “Que rico estás Boqueixón” realizarase durante 2 fins de semana gastronómicos, o 25, 26 e 27 de novembro e o 2, 3 e 4 de decembro de 2016 en horario de 12:00h.- 15:00h. e de 20:00h.- 22:30h.
Como en edicións anteriores, cada tapa ten un custe de 1,50 € e poderánse degustar en 12 establecementos hostaleiros de Boqueixón:
Casa de Xantar O Imprevisto | Tosta Imprevisto |
Café Bar Latino | Bocado crocanti de “Bo Queixo” |
Bar García | Callos |
Casa de Xantar Casa Castro | Tosta do outono |
Crouchos no souto | |
A Taberna d´San Benito | Cuncha de chipirón |
Bar A Barreira | Croca richada |
Casa Almarthi | O ibérico do mar |
Restaurante Vente Vindo | Timbal de polbo á galega |
Roliños de raxo con Boqueixo | |
Café Bar O´26 | O remedio da avoa |
Cervexería O Vikingo | D-vinos |
Café Bar O Rincón de Pepe | Raíña Lupa |
Restaurante Vía da Prata | A cuncha do camiño |
Cabe destacar que a ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estiveron presentes nunhas tapas moi elaboradas.
Os clientes poderán participar no Concurso á Mellor Tapa de Boqueixón 2016 votando por aquela tapa que consideren a máis saborosa e obtando así a conseguir algún dos PREMIOS que se sortearán:
- SORTEOS DE 5 BOTELLAS MAGNUM CORTESÍA DE BODEGA PAZO DO MAR (é preciso ter mínimo 8 selos dos establecementos na cartilla de participación).
- VALE DE 120€ PARA CANXEAR POR CEA/COMIDA (é preciso ter mínimo 10 selos dos establecementos).
- 200€ EN METÁLICO (é preciso ter a cartilla de participación completamente selada).
As cartillas de participación estarán a disposición dos clientes en todos os establecementos participantes na ruta, na casa do concello e na páxina web.
Coa degustación de cada tapa, o establecemento participante selará a casiña correspondente da cartilla de participación. Se o establecemento participa con máis dunha tapa no concurso, a degustación dunha das tapas da dereito ó selo, non é preciso selar por cada unha das tapas que ofrece.
Para votar á Mellor Tapa deberá escribir o nome da mesma e do establecemento no apartado correspondente.
As cartillas de participación deberán depositarse, unha vez cubertas e seladas, nas urnas que estarán dispoñibles en cada establecemento. Rematado o calendario da ruta procederase a verificar o estado e veracidade das cartillas e a realizar os sorteos. (retiraranse cartillas rachadas, con emendas ou que non cumplan requisitos de nº de selos mínimos).
Adxuntos
- triptico-5a-ruta-tapas-portada-def (22 MB)
- triptico-5a-ruta-tapas-def (22 MB)