Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO VISITARÁN BOQUEIXÓN.

cantareirascartel.jpg

 

As famosas Cantereiras de Ardebullo visitarán o noso concello o vindeiro  domingo 26 de setembro ás 18:00, no auditorio da Casa da Cultura de Camporrado.Mucha e Nucha virán a ofrecernos un espectáculo cheo de risas na liña que os levou a fama no programa Luar da TVG.

O espectáculo das Cantareiras de Ardebullo  encádrese dentro da programación cultural do Xacobeo 2010

 

 

O PROXECTO DO ACORDO DA CONCENTRACION PARCELARIA BOQUEIXÓN A GRANXA SOMETESE A EXPOSICION PÚBLICA.


concentracionweb.JPG

Dende o día de hoxe e polo prazo de un mes os planos da futura concentración parcelaria das parroquias de  A Granxa e Boqueixón. Este será o último paso antes da formalización das novas parcelas e a asignación dos novos títulos de propiedade.

O proceso de exposición estase a realizar  no Salón de Plenos municipal, en horario de 9 a 14:30 e   por un prazo dun mes, período que tamén teñen os propietarios para realizar as  alegacións oportunas.
 

NO FORTE ESTA O REMEDIO CONTRA A VAGA DE CALOR

O bo tempo e as alt100_9371.JPGas temperaturas están a facer que se batan tódolos record de asistentes ás piscinas municipais do Forte, no Concello de Boqueixón. Se ti ainda non viñeches a bañarte... A QUE ESPERAS ???? 

O complexo de  piscinas municipal do leva aberta dende o  22 de xuño nun horario de  14:00 h a 21:00 h. tódolos días da semana.  Para acceder ás instalacións poderás facerte cos bonos de acceso,  válidos para 20 baños a un prezo de 12 € para adultos e 6 € para nenos.  Os socios do ximnasio municipal terán o  acceso gratuíto.   

Como outros anos os mércores será o día do bañista e a entrada será de balde

 

REMATA O CAMPAMENTO DE VERAN E CONTINÚA O VERÁN ACTIVO.

100_9521.JPGNo día de hoxe porase punto e final ó Campamento de Verán que durante os últimos 10 días tivo lugar no Campamento Virxe de Loreto de Porto do Son. Nesta actividade encadrada dentro da programación cultural e deportiva que está a deseñar o Concello de Boqueixón.

Neste campamento de verán participaron máis de 30 mozos e mozas de entre 8 e 17  anos que durante estes 10 días de actividades tiveron a oportunidade de realizar toda una serie de actividades lúdicas, culturais e deportivas así como de convivir e coñecerse  mellor entre eles. Antes de dar por rematada  a actividade, os mozos e mozas participantes así como o equipo de animación ó cargo do campamento, recibiron a visita do Alcalde en Funcións Jesús Sanjuás, quen os acompañou na tarde de onte para clausurar  o campamento.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 96
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: