Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO FORTE XA ESTÁ EN USO

No mes de febreiro remataron as obras de remodelación do Pavillón Polideportivo do Forte, que foi realizado pola empresa ourensán Benigno Álvarez S.L. e onde se investiron un total de 200.093,71 euros, o que significou unha baixa de 34.527,70 €, con referencia ao tipo de licitación. Esta última cantidade será empregada polo concello en levar o servizo de abastecemento de auga á aldea de Rubio (Vigo)

As obras tiveron como actuacións máis significativas cambiar a totalidade da cuberta e substituír a pista de xogo por unha superficie homoxénea de material gomoso. Como modificación do proxecto orixinal, a dirección de obra decidiu cambiar a apertura de ocos nos laterais do pavillón pola colocación de material translúcido en parte do tellado, o que permite a entrada de máis luz natural.

Outras melloras foron a eliminación de humidades na pista, xa que foi instalada sobre unha capa de dez centímetros de formigón illante, a colocación de novas luminarias, o repintado das paredes e dos bancos e a dotación de novo material deportivo. Esta pavillón está habilitado para a práctica do fútbol sala, baloncesto, voleibol, tenis e balonmán.

 

COMENZA A ELABORACIÓN DUN NOVO PXOM, QUE DEBERÁ ESTAR REMATADO EN 2010

Tras o veto da Xunta ó anterior Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Concello veuse na obriga de iniciar de novo os trámites para a aprobación do documento que rexerá o urbanismo no noso concello durante os vindeiros anos. O pleno municipal xa aprobou a contratación da redacción dun novo PXOM ao Estudio Técnico Gallego. Os trámites deberán estar rematados antes de 2010.

Ler máis...
 

A compra da retroescavadora permite a realización por administración directa de moita obra pública

O concello de Boqueixón ven de adquirir en febreiro unha pa retroescavadora, que servirá para completar e mellorar os traballos de desbroce, apertura de cunetas, ampliacións de saneamentos e abastecementos, etc., que viña realizando o equipo de vías e obras cos dous tractores municipais.

Este investimento, adquirido mediante o sistema de alugueiro financieiro, terá un custo mensual de 1.438,51 euros durante 48 meses. Este prezo inclúe o seguro e a máquina tamén conta con dous anos de garantía total sen límite de horas de traballo. Trátase dunha retro da marca JCB de 63 kW de potencia, cunha capacidade máxima de escavación de 4,75 metros e unha capacidade de carga frontal de 1,1 m3.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>

Resultados 91 - 96 de 96
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: