A pasada fin de
semana 45 veciños do Concello de Boqueixón tiveron a oportunidade de
participar un fin de semana cultural en Asturias. Esta actividade
está inscrita dentro da programación outonal de actividades culturais
organizadas dende o departamento de cultura deste Concello.
O CONCELLO DE BOQUEIXON XA DISPON DUN PUNTO DE INFORMACION O EMPREGO
O Concello de Boqueixón acaba de poñer en funcionamento un Punto de
Información do Servizo Galego de
Colocación. Este punto de información vai a ofrecer a tódolos demandantes de
emprego e parados do Concello unha nova alternativa para ter acceso a ofertas e demandas de emprego así
como o acceso gratuíto a internet para a consulta de calquera nova relativa ó
emprego e a formación.
Debido a grande demanda de inscricións nas actividades ofertadas na XANELA
de outono, amplíase o prazo de inscrición nas mesmas ata o día 2 de Outubro.