Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PRESENTADO O LIBRO “ O PICO SACRO. O MONTE SAGRADO DE GALICIA”

Martes, 23 de Febreiro de 2010

presentacionweb.JPG

 

Dentro do marco da actividades da XXVII Festa da Filloa, e previamente ó comezo das actividades da mesma, tivo lugar a presentación do novo  que o Concello de Boqueixón acaba de publicar.  O Pico Sacro. O Monte Sagrado de Galicia, é unha nova guía histórica e cultural sobre o Pico, en palabras do Alcalde Adolfo Gacio, " e a publicación  máis completa e veraz de todas cantas se teñen publicado".  Este libro recolle así toda a historia, lendas e realidade que historicamente xerou este "Monte Sagrado" para darnos unha completa e clara visión do mesmo.

Ler máis...
 

MILES DE PERSOAS VOLVEN A ATEIGAR LESTEDO NA XXVII DA FESTA DA FILLOA

Martes, 23 de Febreiro de 2010

pregonweb.JPGA pesar das alertas meteorolóxicas e do día desapacible, miles de persoas, máis de  15.000 segundo os organizadores, volveron a achegarse a Lestedo para degustar e participar nas actividades da XXVII FESTA DA FILLOA.Dende primeira hora da manán a máquina das filloas estivo ateigada de xente que quería probar e degustar este manxar típico de Entroido ó que cada domingo de piñata se lle rende culto en Lestedo.

 O momento de máis afluencia de público  foi á lectura do pregón,  este ano a cargo da actriz e veciña María Mera, quen quixo deixar claro a súa dobre nacionalidade, compartida con Vedra,  antes de comezar un pregón no que quixo comparar a FILLOA co personaxe que ela interpreta na serie Matalobos.  


 

Ler máis...
 

O CONCELLO DE BOQUEIXON RECIBIRÁ MAIS DE 87.000 PARA A MELLORAS DAS INFRAESTRUCTURAS RURAIS

Venres, 19 de Febreiro de 2010

webrural.JPG

 

 

87.785,76 € é o total da inversión que o Concello de Boqueixón vai a recibir gracias ó acordo  asinado esta mañá entre este concello e a  Consellería de Médio Rural.  Este axudas enmárcanse dentro do programa de Proxectos Estratésixos de Infraestruturas no Medio Rural, PEIM Rural e  están destinadas a dignificar e mellorar a calidade de vida nas zonas rurais e a maior parte delas estarán destinadas á ampliación dos servizos básicos e a mellora do pavimento das estradas do concello.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 31 - 36 de 96
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: