As famosas Cantereiras
de Ardebullo visitarán o noso concello o vindeiro domingo 26 de setembro ás 18:00, no auditorio
da Casa da Cultura de Camporrado.Mucha e Nucha
virán a ofrecernos un espectáculo cheo de risas na liña que os levou a fama no
programa Luar da TVG.
O espectáculo
das Cantareiras de Ardebullo encádrese
dentro da programación cultural do Xacobeo 2010
O PROXECTO DO ACORDO DA CONCENTRACION PARCELARIA BOQUEIXÓN A GRANXA SOMETESE A EXPOSICION PÚBLICA.
Xoves, 05 de Agosto de 2010
Dende o día de
hoxe e polo prazo de un mes os planos da futura concentración parcelaria das
parroquias deA Granxa e Boqueixón. Este
será o último paso antes da formalización das novas parcelas e a asignación dos
novos títulos de propiedade.
O proceso de
exposición estase a realizarno Salón de
Plenos municipal, en horario de 9 a 14:30 e por un
prazo dun mes, período que tamén teñen os propietarios para realizar as alegacións oportunas.
NO FORTE ESTA O REMEDIO CONTRA A VAGA DE CALOR
Mércores, 28 de Xullo de 2010
O bo tempo e as
altas temperaturas están a facer que se batan tódolos record de asistentes ás piscinas
municipais do Forte, no Concello de Boqueixón. Se ti ainda non viñeches a bañarte... A QUE ESPERAS ????
O complexo de piscinas municipal do leva aberta dende o 22 de xuño nun horario de 14:00 h a 21:00 h. tódolos días da semana. Para
acceder ás instalacións poderás facerte cos bonos de acceso, válidos para
20 baños a un prezo de 12 € para adultos e 6 € para nenos. Os socios do ximnasio municipal terán o
acceso gratuíto.
Como outros anos os mércores será o día do bañista e a
entrada será de balde