|
Sábado, 28 de Outubro de 2006 |
|
Feiras-mercado
Feira-mercado de Lestedo: primeiro e terceiro domingo de mes. Feira-mercado de Rodiño (Sergude): segundo domingo de mes. Festa da filloa
Lestedo. Domingo de piñata. A festa da filloa nace polo Antroido do ano 1984, converténdose co paso do tempo nunha das festas gastronómicas máis importantes da comarca, atraendo cada ano a milleiros de persoas ao campo da festa de Lestedo, lugar onde se celebra. O produto exaltado, a filloa, é a sobremesa de antroido por excelencia que consiste nunha masa preparada a base de leite, fariña e ovos que admite diferentes formas de preparación. En Lestedo é posible degustalas soas, recheas de mel, de chourizo, etc.. As filloeiras contan que o gran segredo da súa elaboración é manter a pedra na que se elaboran as filloas sempre á mesma temperatura, para que acaden unha textura semellante ó papel de fumar. Entroido
Nas parroquias de Sergude e Ledesma e, máis recentemente, na de Vigo, protagonizan esta festa os "Xenerais e Correos", cos seus atrancos e os seus altos. As comparsas saen por parroquias e á fronte van os correos, chamados tamén lanceiros, en número indeterminado pero reducido, montados en elegantes cabalos e adiantados da comitiva para anunciar a súa chegada. Son a avanzada do pequeno exército parroquial que chega detrás ao mando dos xerais. Uns e outros chaman a atención polos seus uniformes de gala e os seus tricornios cheos de plumas de cores cos que van percorrendo todas as aldeas lanzando "vivas" ós veciños e entoando cánticos que rematan có "Encontro ou Atranque", auténtico enfrontamento verbal e rimado entre correos e xerais de carácter satírico e burlesco que é seguido atentamente polos veciños. Á fin, impoñerase ó tino e trala dureza dialéctica chegarase a un amaño pacífico.
Na parroquia de Codeso celébrase un orixinal antroido protagonizado por unha fermosas carrozas fabricadas e decoradas polos veciños de cada aldea, convertidas en auténticos teatros ambulantes, nas que se representan escenas satíricas relativas a noticias acontecidas nos últimos meses. Certame de bandas populares
Dende o ano 1994 celébrase o primeiro domingo do mes de maio na parroquia de Ledesma este certame que reúne as mellores agrupacións musicais galegas, nacionais e internacionais. O auxe adquirido por este evento faise patente no incremento anual de asistentes que acoden atraídos, non só pola calidade das bandas de música, senón polo marco incomparable que constitúe a proximidade do río Ulla ao seu paso por Ledesma. Festas relixiosas e verbenas Parroquia de Boqueixón
San Vicente: o día 22 de xaneiro San Xosé e o Santísimo: última fin de semana de agosto
Parroquia da Granxa
Romaría de San Sebastián do Pico Sacro: o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio. San Lourenzo: os días 10, 11 e 12 de agosto
Parroquia de Codeso
Festa das Flores: 1º ou 2º domingo de maio San Antonio e San Paio: último domingo de xuño Santa Baia, o Carme e o Corpus: 10, 11 e 12 de decembro
Parroquia de Donas
Santa Rita: 22 de maio. San Pedro e o Santísimo: 29 e 30 de xuño
Parroquia de Sucira
Santa Mariña: os días 18, 19 e 20 de xullo
Parroquia de Gastrar
Santa Mariña: 18 de xullo A Nosa Señora do Socorro: o 2 º domingo de agosto
Parroquia de Lestedo
Romaría de San Sebastián: o día 20 de xaneiro e o último domingo de maio A Nosa Señora: 15 e 16 de agosto Corpus Christi: domingo seguinte ao día 15 de agosto Virxe de Lourdes: segundo domingo de setembro
Parroquia de Lamas
Santo Cristo e a Candelaria: última fin de semana de abril A Nosa Señora: 15, 16 e 17 de agosto
Parroquia de Loureda
San Pedro, o Santísimo e o Rosario: 29 e 30 de xuño e 1 de xullo A Nosa Señora do Carme: primeiro domingo de agosto
Parroquia de Oural
San Amaro: o día 15 de xaneiro San Isidro: o domingo seguinte ao 15 de maio A Nosa Señora: o 15, 16, e 17 de agosto
Parroquia de Ledesma
San Salvador: 6,7 e 8 de agosto San Ramón: o día 31 de agosto A Nosa Señora do Rosario: o día 7 de outubro
Parroquia de Pousada
A Pascuiña: mes de marzo San Lourenzo: 10, 11 e 12 de agosto
Parroquia de Sergude
Festa das Flores: o 20 de maio San Antonio e o Santísimo: segunda fin de semana de xuño Romaría de San Bieito: segundo domingo de xullo San Breixo: primeira fin de semana de outubro
Parroquia de Vigo
San Antonio: o día 13 de xuño A Nosa Señora das Dores: terceiro domingo de setembro A Nosa Señora da Saeta: cuarto domingo de setembro Santa Baia e o Santísimo: 10 e 11 de decembro
|