|
Martes, 24 de Outubro de 2006 |
Silueta inconfundible, o Pico Sacro e a cidade de Santiago vistos dende o Monte Pedroso Érguese a carón de Compostela un dos montes máis míticos e recoñecidos de Galicia, xunto a Santa Tecra e O Pindo, o Pico Sacro. Airoso e dominante sobre os vales do curso medio do río Ulla, fonte de innumerables lendas e contos populares, este monte foi venerado polos habitantes da Comarca antes e despois do cristianismo. A súa forma aguzada, capaz de parar e desfacer treboadas, a peculiar morfoloxía a base de rochas de cuarzo cristalizado, e a súa altura, de 534 metros, forman unha silueta inconfundible que exerce como faro natural para os veciños e visitantes da bisbarra. Dende a Ruta da Prata o Pico Sacro marca a derradeira etapa, sendo o primeiro lugar dende onde se ven as ansiadas torres da Catedral compostelana, cumprindo así un papel similar ao do Monte do Gozo no Camiño Francés.
|