Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE SUCIRA

PDF Imprimir E-Mail
Martes, 24 de Outubro de 2006
Parroquia de Sucira
O Ulla remansa ao seu paso por Sucira

Parroquia situada na vertente dereita do río Ulla e na caída do altiplano de Camporrapado. Pola súa localización, goza dun peculiar microclima, que unido á abundancia de auga e á calidade do subsolo, é unha zona de excelente horta. A frondosidade dos montes, onde destaca o carballo e o piñeiro, fai deste territorio unha das paraxes máis fermosas do concello. Destaca a carballeira situada nas beiras do Ulla, onde se celebran as festas da parroquia. A súa extensión é aproximadamente de 3,10 Km2. e acolle as entidades de: Frenza, A Fontebranca, O Monte, As Quenllas e Sucira, nas que viven 96 persoas.

 

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Sucira

Igrexa de Sucira
Igrexa Parroquial de Santa María  de Sucira

 

A construción do templo data de finais do século XVII en época barroca debido ao ruinoso do seu estado nos anos centrais do s.XIX vese alterada a súa estrutura. Por isto, tanto o interior, capela maior e sancristía, como os muros exteriores, incluíndo a fachada e espadana, responden a criterios historicistas, dominando as formas sobrias e simplificadas que vemos na actualidade.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo do Santo Cristo e Retablo da Nosa Señora do Carme.
· Imaxinaría: Santa Mariña,, San Antonio de Padua, Nosa Señora de Fátima, Cristo Crucificado e Nosa Señora do Carme.

Fontes

Fonte Branca
 
 
Parroquia de Sucira
Imaxe dunha das máis fermosas carballeiras e áreas recreativas do concello, a de Sucira, a carón do Ulla
Parroquia de Sucira
Imaxe dunha das máis fermosas carballeiras e áreas recreativas do Concello, a de Sucira, a carón do Ulla
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: