Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE POUSADA

PDF Imprimir E-Mail
Martes, 24 de Outubro de 2006

Parroquia de 4,30 Km2. e 155 habitantes situada en terreo máis ben chairo con monte e labradío. A súa produción máis destacada é a agrícola, gandeira e forestal. Dispón así mesmo dunha puxante industria de carpintaría. Mira á posta do sol sobre a desembocadura do Ulla, dende a perspectiva que lle dá a súa altitude (208 m. de media) antes das ladeiras e baixadas sobre o río. Conta con doce entidades de poboación: Camporrapado (compartida con Oural), O Carballal, A Corna, O Corral, A Eirexe, Guisande, Loureiro, O Pardiñeiro, O Pazo, O Pedrouzo, O Pumariño e A Torre. Ten boas comunicacións internas a través das recentes pistas de concentración parcelaria e na súa parte máis oriental crúzaa a estrada AC-260 Santiago-Vila de Cruces.

Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Pousada

Igrexa Pousada
Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Pousada

 

Nesta igrexa de planta de salón podemos falar de xustaposición de estilos: mentres o exterior mantén características barrocas, o interior segue pautas historicistas, consecuencia das sucesivas reformas sufridas durante os dous últimos séculos. As primeiras noticias recollidas nos libros parroquiais desta parroquia datan da segunda metade do século XVIII. Desta época do último barroco correspóndense a fachada e espadana que aínda se conservan. O interior mantén o arco triunfal de acceso á capela maior, obra do primeiro cuarto do século XIX, mentres o púlpito é xa de datas máis recentes (1919).
· Retablos: Retablo Maior, Retablo do Santo Cristo e Retablo da Concepción.
· Imaxinaría: Cristo Crucificado, San Roque, San Lourenzo, Sagrado Corazón de Xesús, Anxo Custodio, Virxe con neno, San Antonio de Padua, Inmaculada Concepción e María Magdalena


Capela de Nosa Señora da Fonte

Capela Pousada
No adro da Capela de Nosa Señora hai unha fonte da que brota augas supostamente milagreiras

 

Obra de sinxelo trazado que debuxa unha planta en cruz de nave única. Foron numerosísimas as composicións e reformas que sufriu o santuario dende a súa edificación. Da primitiva fábrica barroca mantéñense os muros existentes no 1748 e a espadana cuadrangular enriquecida con motivos xeométricos.
· Retablos: Retablo Maior e Retablo da Nosa Señora do Carme.
· Imaxinaría: Nosa Señora do Carme, Santa Lucía e Nosa Señora da Angustia.
No seu adro verte as augas unha fonte á que se lle atribúen propiedades milagreiras capaces de curar todos os males

Cruceiro Parroquial

Atópase xunto á igrexa e está realizado en granito. Presenta plataforma e pedestal cuadrangular con remate en chafráns. Gran cruz circular.

Cruceiro de Pumariño

Xunto á capela de Nosa Señora da Fonte está este cruceiro de granito. Plataforma e pedestal cuadrangular con molduras e escocia. Varal octogonal e capitel cuadrangular con molduras. Cruz octogonal con remates floreados.
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: