Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE LOUREDA

PDF Imprimir E-Mail
Parroquia de Loureda
Detalle do campanario

Parroquia de 8,20 Km2 de extensión formada polos núcleos de Agra, Caneda, A Eirexe, Lamparte, Loureda, Midón, A Moa, O Outeiro e A Pena. Localízase ao norte do concello, coroada polo monte Castelo de 497 m. de altitude. Habitan nesta parroquia 240 habitantes. Antigamente pertencía á xurisdición de Bendaña, formando parte por aquel entón de Santiago de Compostela. Resulta chamativo neste lugar a proliferación de hórreos de planta cadrada (típicos da zona de Asturias), conservándose actualmente sobre 25 hórreos, sendo os máis antigos os de Midón e Outeiro, realizados con pés de cantaría e corpo de madeira.

 

 

 

 Igrexa Parroquial de San Pedro de Loureda

Parroquia de Loureda
Igrexa de San Pedro de Loureda

 

Construída con nave rectangular no século XVI e reformada a finais do XIX e comezo do XX, á que se lle engadiu a Capela do Carme. Destacan os seus retablos de estilo barroco.

 

 

 

 

Cruceiro Parroquial

Situado no campo da festa, presenta plataforma cuadrangular e pedestal cúbico. Varal cadrado con chafráns e capitel cuadrangular con volutas, follas de acanto e querubíns. Cruz cuadrangular que ten no anverso o Cristo Crucificado, e no reverso, a Virxe en actitude orante.


Castros da Igrexa e de Monte Castelo

Parroquia de Loureda
Local Sociocultural de Loureda
Asentamentos fortificados dos que só se conserva e aprecia a súa forma.

Fontes

Fonte do Rato e a Fonte da Cova

Miradoiro de Monte Castelo

Dende esta elevación de 497 m. de altitude domínase unha importante extensión de terreo, que nos permite observar a beleza do municipio e a cidade do Apóstolo.

Ponte de Caneda

Pequena ponte antigamente construída con lousas e reconstruída en cantaría. A súa finalidade foi comunicar as parroquias de Vigo e Loureda así como facilitar o paso aos muíños da zona.
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: