Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE LESTEDO

PDF Imprimir E-Mail
Parroquia de Lestedo
A travesía da estrada N-525 en Lestedo conta coa maior concentración de comercios de Boqueixón

Atópase esta parroquia na ladeira sudoeste do Pico Sacro, cruzada pola N-525 Santiago-Ourense. Protexida do norte é unha terra moi fértil onde predominan as producións agrarias e gandeiras. Está en gran expansión o comercio, a hostalaría, o sector textil e a construción. Nesta parroquia atópase desde hai máis de cincuenta anos o cuartel da Garda Civil con xurisdición sobre os concellos de Boqueixón e Vedra. Nos seus 6,5 Km2 viven 856 persoas, distribuídas polas seguintes unidades de poboación: Ardarís, Cachosenande, Cusanca, Lestedo, Milleirós, Pazos, A Picota, Ramil, Rubial, Troitomil e Vilar. Regan as súas terras, cunha altitude máxima de 450 m., o río Pereiro e o regato de Foz.

Igrexa Parroquial de Santa María de Lestedo

Igrexa de Lestedo
Igrexa Parroquial de Santa María de Lestedo
Igrexa de Lestedo
Igrexa Parroquial de Santa María de Lestedo

 

No lugar de Rubial estaba a antiga igrexa parroquial. Tratábase dun templo de reducidas dimensións de estilo románico que, debido ao seu estado e necesidade de reconstrución, levou á decisión de construír un novo a principios do século pasado. O 2 de xuño de 1915 comenzan as obras seguindo con rigor os planos trazados polo arquitecto compostelán Jesús López de Rego. Este edificio, con planta de cruz latina e grandes vidreiras, encádrase dentro do estilo neogótico, caracterizado por un retorno a modelos ideais do pasado buscando a perfección construtiva, conxugando a pedra e o cristal. Destaca deste templo a súa acusada verticalidade e elevada altura así como o emprego de contrafortes, arcos apuntados, elevados piares, bóvedas de cruzaría e a torre na súa fachada como elementos construtivos.
Sinalar que a torre rematouse de construír en 1990, despois de máis de 5 décadas de abandono das obras. Así mesmo, en 2005, inauguráronse as novas vidreiras de cores, con imaxinaría relixiosa e relacionada coa parroquia, que substituíron aos antigos cristais brancos.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo da Nosa Señora do Carme e o Retablo de San Roque.
· Imaxinaría: Asunción de María, Sagrado Corazón de Xesús, San Blas, San Xosé, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua, San Pedro Nolasco, Nosa Señora da Merced, San Ramón Nonato, San Serapio, Inmaculada Concepción, Cristo Crucificado, Nosa Señora do Carme, Cristo atado á columna, Nosa Señora das Dores, San Roque e o Anxo custodio.

Capela da Nosa Señora de Lourdes

En 1883 comezan as obras de construción desta capela situada no campo da feira; desta forma facilitábase a asistencia aos cultos relixiosos os días de mercado, pois a igrexa parroquial estaba lonxe. Tanto a súa construción interior con planta de salón como a súa fachada exterior cunha sinxela ventá circular e espadana, seguen as liñas clásicas e sobrias do historicismo decimonónico.
· Retablo: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Nosa Señora de Lourdes, Inmaculada Concepción, San Francisco de Asís, Santa Margarida, San Antonio de Padua, San Sebastián e San Xosé.

Cruceiro de Rubial

Atópase dentro dunha finca privada. Plataforma troncocónica de cachotaría con pedestal e varal circulares. Capitel cuadrangular con cabezas de anxo con ás e cruz circular leñosa con nós. No anverso, o Crucificado, e no reverso a Virxe Dolorosa. Todo en granito.

Cruceiro de Pazos

Cruceiro en Lestedo
Cruceiro de Rubial
Realizado en granito, ten plataforma cuadrangular e pedestal pentagonal con caveira e tibias en X. Varal e cruz circular leñoso con nós. Capitel cuadrangular con vértices chafranados, cabezas de anxo e símbolos da paixón. No anverso, o Crucificado, e no reverso, a Virxe Dolorosa.

Cruceiro da Feira

Realizado en granito, ten cruz cuadrangular coas imaxes de Cristo e da Virxe en actitude orante. Capitel corintio con cabezas de anxo con ás. Varal e pedestal octogonal moldurado con inscrición: 1907.

Cruceiro de Castrelo

Plataforma cuadrangular e pedestal cúbico rematado cun bocel. Cruz circular leñosa con nós que repousa sobre un varal octogonal e un capitel cuadrangular moldurado. No anverso, o Crucificado e no reverso, a Virxe Dolorosa. Todo en granito.

 
Cruceiro de Cachosenande

Casa en Lestedo
Pazo de Ramil
Cruceiro de granito de recente colocación, sen plataforma e con pedestal troncocónico. Varal octogonal e capitel troncopiramidal invertido. Cruz con inicio cadrado seguindo toda en rombo con remates floreados.

Fervenza de Ramil

Forma esta caída o río Pontillón ao seu paso pola aldea de Ramil, inmersa nun frondoso e interesante bosque de ribeira.

 

Fervenza en Lestedo
Espectacular fervenza que forma o río Pereiro ao seu paso por Ramil
Fervenza en Lestedo
Espectacular fervenza que forma o río Pereiro ao seu paso por Ramil
Parroquia de Lestedo
Capela de Lourdes
Parroquia de Lestedo
Fermoso bosque de Ribeira no río Pereiro, preto da fervenza de Ramil
Parroquia de Lestedo
Campo da feira de Lestedo, onde cada primeiro e terceiro domingo de cada mes se celebra unha concorrida feira-mercado
Parroquia de Lestedo
Algunha das vidreiras da igrexa parroquial de Lestedo, que foron inauguradas en 2005

 

 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: