Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DA GRANXA

PDF Imprimir E-Mail
Martes, 24 de Outubro de 2006
Igrexa a Granxa
Casa Grande de Lamas, de propiedade privada

Esta parroquia comprende o cumio do Pico Sacro e a vertente norte do mesmo, cunha extensión de 6,20 Km2. Acolle unha poboación de 122 habitantes. Fórmana catro entidades de poboación: Ardilleiro Grande, Ardilleiro Pequeno, A Granxa e Reboredo. A toponimia indica gran riqueza forestal, con abundancia de coníferas e carballos.
É unha das parroquias cunha historia máis coñecida e documentada. Unida á tradición do Pico Sacro, a documentación xa desde o século IX, procede dos antigos mosteiros de San Lourenzo e de San Sebastián.

Igrexa Parroquial de San Lourenzo da Granxa

Igrexa a Granxa
Igrexa de Santa María de Lamas

 

Na actualidade esta igrexa de planta rectangular cunha soa nave é a expresión de diferentes fases construtivas. Unha primeira etapa desenvólvese en época románica, séculos XI e XII, estilo ó que pertencen o presbiterio, a capela maior e o retablo de cachotaría. Unha segunda etapa corresponderíase co primeiro terzo do século XVIII, en época barroca reformáronse os pés do templo coa construción da tribuna, porta e campanario. O corpo da igrexa pasou por diversas reconstrucións e prolongacións, no 1901 realizouse de novo a escaleira, a espadana e a tribuna, e no ano 1918 restáurase o altar maior. Cando no ano 1973 se levan a cabo unhas importantes obras de restauración, descóbrese unha columna-sepulcro de reliquias procedente da primitiva construción do século IX en tempos do Bispo Sisnando.
No seu interior poderemos admirar:
· Retablos: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Santa Lucía, Nosa Señora do Rosario, San Xoán Bautista, San Antonio de Padua, Santa Bárbara, Sagrado Corazón de Xesús, San Lourenzo e o Cristo Crucificado.


Ermida de San Sebastián do Pico Sacro

Vista do Pico en a Granxa
Cruceiro barroco de Lamas

 

Fermosa capela de planta de salón localizada na ladeira do lendario Pico Sacro, moi preto da cima. Permanece da primitiva construción o altar do presbiterio (s.XI), construído en granito e o retablo en cachotaría. Na Capela Maior, de época románica, consérvase un par de columnas que responden ao estilo mateano e serven de apoio a un arco triunfal. Durante os séculos XIX e XX, sucédense os arranxos e reformas do santuario que afectan ás bóvedas e ao tellado, constrúese o alpendre e refíxose o arco de pedra. No ano 1998, o Concello restaurou todo o templo e reacondicionáronse os accesos e diversas sendas de percorrido do Pico.
· Imaxinaría: dúas esculturas en madeira de San Sebastián.

Máis información: Ver O PICO SACRO

A Granxa
Local Sociocultural da Granxa
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: