Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE GASTRAR

PDF Imprimir E-Mail
Muíño en Gastrar
A área recreativa de Gastrar conta cun muíño que funciona

Localízase ao norte do termo municipal e constitúe límite co concello de Touro. As súas terras moi fértiles adícanse a pastos e á produción agropecuaria. Os seus 126 habitantes distribúense en 4,80 Km2 e en sete entidades de poboación: Casalpeguito, A Eirexe, Gastrar, Reguengo, Trión, Vilaboa e Xiadás. Polos montes deste termo cruzaba unha antiga vía romana que, procedente de Bracara Augusta (Braga), se dirixía a Lucus Augusti (Lugo); consérvanse importantes vestixios desta vía recollida no itinerario de Antonino.

 

 

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Gastrar

Igrexa Gastrar
Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Gastrar
As primeiras noticias documentadas sobre este edificio de planta de salón datan da primeira metade do século XVIII, pasando por sucesivas modificacións, sendo a arquitectura que hoxe contemplamos do século XIX, con trazos claramente historicistas que transformaron por completo o templo, dende o coro, arco triunfal, bóveda do presbiterio, paredes e espadana do seu interior ata a fachada exterior lisa, sen ordes e cun clásico frontón

· Retablos: Retablo Maior.
· Imaxinaría: Sagrado Corazón de Xesús, Santa Mariña, Nosa Señora do Perpetuo Socorro, San Antonio de Padua, Santa Lucía, Nosa Señora do Rosario, Inmaculada Concepción e o Cristo Crucificado.

 

Castro de Gastrar

Vistas en Gastrar
Castro de Gastrar
Asentamento fortificado da Idade de Ferro, no que se observa a presenza de medorras (mámoas). Recentemente posto en valor, cunha profunda limpeza da maleza que o cubría por completo, pódese apreciar con claridade no terreno os diferentes niveis e partes do Castro.
Vistas en Gastrar
Parque Infantil da área recreativa de Gastrar
 
 
 
 
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: