Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

PARROQUIA DE CODESO

PDF Imprimir E-Mail
Martes, 24 de Outubro de 2006
Vista do Pico
Vista do Pico Sacro dende Codeso

Atópase na vertente leste da Serra do Pico Sacro, cunha extensión de 3,10 Km2 sobre un terreo irregular con moitos desniveis e unha altitude media de 188 m., aínda que moi frondoso e produtivo. Constitúen as súas principias producións a gandaría e a forestal, así como as xeomineiras de cuarzo.
Habitan nesta parroquia 333 habitantes distribuídos en dez entidades: Ardesende, Casalbieito, Casaldesuso, A Devesa, Engas, A Granxola, O Outeiro, A Pichina, A Raíña e Santaia. Cruza esta parroquia a estrada AC 940 Padrón-Arzúa, así coma a estrada provincial que enlaza Codeso con Boqueixón e Sergude.

 

Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Codeso

Entre os anos 1881 e 1882, ante o estado ruinoso da primitiva igrexa, reconstrúese un novo templo que se proxecta seguindo as pautas do estilo historicista desta época. A súa fachada é a que mellor reflicte o clasicismo decimonónico, depurado ata o límite, con muros rectos e lisos carentes de ordes. No seu interior, os muros están desprovistos de decoración, destacando unicamente as pilastras de orde toscana que serven de soporte á bóveda da nave e o sinxelo entaboamento que recorre toda a nave.
· Retablos: Retablo Maior, Retablo de San Xosé e Retablo da Nosa Señora do Carme.
· Imaxinaría: Nosa Señora de Fátima, Inmaculada Concepción, San Antonio de Padua, Santa Eulalia, Cristo atado á columna, Virxe Dolorosa, San Francisco de Asís, San Xosé, San Paio, Neno Xesús Salvador, Sagrado Corazón de Xesús e San Roque.
Igrexa Codeso
Igrexa de Santa Eulalia de Codeso

 

Capela de San Paio

Capela de San Paio
Inauguración, en 2003, das obras de restauración da Capela de San Paio
Situada á beira do río Pontillón, presenta unha nave rectangular construída na segunda metade do século XVII. Foi totalmente rehabilitada en 2003 polo Concello, xa que se atopaba en estado de abandono dende mediados do século XX.
O entrono desta capela está formado polo que quizais sexa o mellor conxunto natural e etnográfico do Concello, inmerso nun frondoso e espectacular bosque de ribeira. Así, nun dos muros do adro está a Fonte do Santo. As súas augas, segundo a tradición, logran curar o “asombramento” nos nenos, que din que causan os gatos. Aproximadamente a uns 100 m. do templo un afluente do río Pontillón forma no inverno unha espectacular caída de auga. Unha segunda fervenza, de sete metros de altura está situada a uns 300m. augas abaixo, á que se pode acceder por un sendeiro que discorre paralelo a unha canle de auga para os muíños da zona. Varios destes muíños están restaurados.


Cruceiro de Ardesende

Cruceiro
Cruceiro de Ardesende, moi preto da Igrexa Parroquial
Realizado en granito presenta unha plataforma cuadrangular cun grao e pedestal cúbico con remate moldurado. Varal octogonal, capitel cuadrangular con media cana e cruz romboide.
Cruceiro da Igrexa
Con plataforma e pedestal cuadrangular rematado en bocel. Capitel cuadrangular con molduras e cruz circular. Presenta no seu anverso a imaxe do Crucificado e, no seu reverso, a Virxe Purísima coroada. Realizado en granito.

Casa Grande de Romay

Situada no lugar de Engas, foi antiga residencia de militares e pertence á devandita familia. Destaca o seu hórreo construído en madeira sobre piares de cantaría e un antigo pombal de planta redonda.

Casa Grande de Balado

Localízase en Ardesende e atópase en bo estado de conservación. As referencias que dela se coñecen datan do ano 1693.

Casa de Matelo

Situada no Outeiro, as primeiras referencias sobre ela atopámolas en torno ao ano 1702, ligadas ao muíño de Matelo. En deficiente estado de conservación.


Miradoiro "Pena do Corvo"

Localízase a 337 m. de altura e ofrece unha fermosa vista sobre o barranco de Gundián (Ponte Ulla). Di a lenda que na Pena do Corvo hai unha pegada de cabra aínda sen descubrir, baixo a cal hai ouro.
 
Codeso
Área natural da Capela de San Paio
Codeso
Romaría de San Paio
Codeso
Muíño restaurado, situado na área natural da Capela de San Paio
Codeso
Local Sociocultural de Codeso
Codeso
Área natural da Capela de San Paio
Codeso
Área natural da Capela de San Paio
Codeso
Detalle do cruceiro de Ardesende
Codeso
Fervenza de Codeso, situada tamén na área natural da Capela de San Paio
 
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: