Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

MEDIO NATURAL

PDF Imprimir E-Mail
medio ambiente
Grupo de mozos participantes nunha xornada de concienciación sobre o medio natural, actividade que organiza habitualmente o concello

O Concello de Boqueixón é o único municipio da bisbarra que ten, dende 2006, solucionado o tratamento integral do lixo que xeneran os seus veciños.
Un sistema que coida do noso contorno para mantelo libre de lixo, de contaminación, de vertedoiros incontrolados...
Porque a todos nos gusta vivir no mellor concello, traballa con nós para axudarnos a mantelo limpo, ecolóxico, a punto co medio natural.

Investimentos en medio natural nos anos 2004/2005: 600.000 euros

  • Novo camión colector
  • Peche e recuperación do antigo vertedoiro de Lamas
  • Incremento do número de puntos de recollida
  • Instalación de amarres de aceiro para os colectores
  • Posta en marcha do Punto Limpo no Polígono Industrial de Sergude
  •  

RECOLLIDA DE LIXO

medio ambiente
Camión compactador de recollida de lixo orgánico  en pleno funcionamento
Teléfono: 616.440.468
Horario de recollida: 6:30h a 13:30h

Finalidade do Servizo:

Recollida e transporte dos Residuos Sólidos Urbanos depositados nos contedores verdes.
Recollida de chatarra, mobles vellos e materiais inertes.

Nota:
O lixo separado para reciclar (contedores amarelos de envases, azuis de papel e redondos de vidro) son recollidos por empresas especilizadas.
O lixo orgánixo (colector verde) é enviado a Sogama a través da Planta de Transferencia de Compostela

medio ambiente
Vista do Punto Limpo, situado no Polígono Industrial Sergude I, preto da Susana

PUNTO LIMPO

Punto Limpo de Boqueixón. Un concello sen desperdicio

¿Qué é e onde está o Punto Limpo de Boqueixón?
Unha instalación municipal onde os veciños se poden desfacer dos resíduos que, pola súa voluminosidade ou perigosidade, non se poden depositar nos colectores das rúas. Sitúase no Polígono Industrial de Sergude I, moi preto da ponte sobre o ferrocarril, nas beiras da estrada AC-960 A Susana-Ponte Ledesma.

¿Que residuos podemos levar ao Punto Limpo?
Mobles e colchóns en desuso
Electrodomésticos vellos
Restos metálicos do fogar
Cascallo de pequenas obras
Pilas e baterías
Disolventes, pinturas e vernices
Fluorescentes e sprays
Aceites usados
Papel e cartón
Vidro
Téxtil
Envases de plástico, bricks e latas

NON se poden depositar
Materia Orgánica, xa que se ten que depositar nos colectores da rúa
Materias industriais de empresas, que deben de ter un sistema propio de xestión dos seus residuos

¿Como funciona o Punto Limpo?


As instalacións están abertas para os veciños todos os sábados de dez da mañá a dúas do mediodía e de catro da tarde a oito do serán. De todos os xeitos, se algún veciño precisa a apertura do Punto Limpo noutro horario, poderao comunicar no teléfono 981.513434.
Os veciños que se teñan que desfacer de residuos poderán acceder ó punto limpo con calquera clase de vehículos (furgonetas, camións, tractores...). O deseño do Punto Limpo fai que o depósito do material sexa fácil e cómodo.
medio ambiente
Visita ás obras de selado e clausura do antigo Vertedoiro Municipal de Lamas (2004)

LIMPEZA DE VÍAS

Teléfono: 981.513.434
Horario de traballo: 9h a 13h e de 15h a 19h

Finalidade do servizo
Manter limpas de maleza as cunetas das estradas municipais, para unha mellor seguridade vial
Colaborar cos departamentos de obras e con Protección Civil cando é preciso a utilización dos tractores

LIMPEZA DE LOCAIS

Horario de traballo: 8h a 9h e de 15h a 22h

Finalidade do servizo:
Manter limpos os edificios públicos do Concello (Casa Consistorial, Centros de Saúde, Colexios, Polideportivos, Ximnasio e Centros Socioculturais)

 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: