Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

REMATA O CAMPAMENTO DE VERAN E CONTINÚA O VERÁN ACTIVO.

PDF Imprimir E-Mail

100_9521.JPGNo día de hoxe porase punto e final ó Campamento de Verán que durante os últimos 10 días tivo lugar no Campamento Virxe de Loreto de Porto do Son. Nesta actividade encadrada dentro da programación cultural e deportiva que está a deseñar o Concello de Boqueixón.

Neste campamento de verán participaron máis de 30 mozos e mozas de entre 8 e 17  anos que durante estes 10 días de actividades tiveron a oportunidade de realizar toda una serie de actividades lúdicas, culturais e deportivas así como de convivir e coñecerse  mellor entre eles. Antes de dar por rematada  a actividade, os mozos e mozas participantes así como o equipo de animación ó cargo do campamento, recibiron a visita do Alcalde en Funcións Jesús Sanjuás, quen os acompañou na tarde de onte para clausurar  o campamento.

Unha actividade que finaliza e outra que continúa durante o mes de Agosto, trátase do Verán Activo, a actividade lúdica que se realiza tódolos días de luns a venres nas instalacións educativas e deportivas de O Forte e que este ano, continuará durante todo o mes de Agosto. No Verán Activo están a participar preto de 60 rapaces e rapazas que, desta maneira poderán continuar a desfrutar desta oferta de ocio durante este mes de agosto,  realizando actividades deportivas, lúdicas, obradoiros medio ambientais, xincanas ...

O Verán Activo acóllese dentro das actividades encamiñadas á apertura de centros fóra do horario lectivo promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ampliar a conciliación da vida familiar e laboral.

 
< Anterior   Seguinte >
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: