AS OBRAS DO PLAN POS SUPORAN UNHA INVERSION DE MAIS DE 120.000 €
Na xunta de goberno celebrada o pasado 21 de xullo
foron aprobadas provisionalmente as obras que se encadran dentro do plan POS
para este ano 2010.
Para este ano 2010, son dous os investimentos que
se levarán a cabo no concello de Boqueixón, a construción de beirarrúas no
lugar de Vigo e a mellora do camiño que vai da AC -240 a Santaia, na parroquia
de Codeso.
Por unha banda está a obra de construción de beirarrúas no lugar de Vigo, unha obra
que conta cun investimento de 85.444,53
€ e que mellorará a seguridade vial, especialmente dos peóns, desta parroquia boqueixanesa. A obra de construción
de beirarrúas levará consigo a colocación de case 700 m2 de pavimento de
formigón pulido é o mesmo tempo realizarase a canalización e soterramentos de
servizos así como a recollida de pluviais.
O outro dos investimentos mellorará o pavimento do camiño que vai da a AC -240 ata o lugar de
Santaia, na parroquia de Codeso. Este tramo de vía que supera os 400 m vaise a
cubrir cunha capa de aglomerado quente, mellorando así o pavimento e arranxando
os marxes e gabias. Esta obra suporá un investimento de case 35.000 €.
As dúas obras foron adxudicadas provisionalmente a
empresa Hermanos Couto Fandiño S.l.
Así pois o Concello de Boqueixón investirá máis de
120.000 e na mellora de servizos e
das vías de comunicación do concello, uns investimentos que, en palabras de
Jesús Sanjúas, alcalde en funcións do concello, sequen
a liña marcada polos gobernos de Boqueixón nestes últimos anos, na que
se leva apostando pola calidade e
accesibilidade de todos os servizos así
como por unha rede viaria moderna e segura
para todos os veciños e condutores que
diariamente usan as súas estradas.