30 mozas e mozos europeos particiapan nun intercambio xuvenil en Boqueixón
30 mozos e mozas de Polonia, Grecia, Portugal, Bulgaria e España están a participar nun intercambio xuvenil organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Záramo de Sergude. Baixo o título Noite, Mozos e Alcol este proxecto pretende concienciar e facer reflexionar os mozos e mozas europeos sobre as traxedias que anualmente provovan os accidentes de tráfico e especialmente centrarse sobre a problemática da conduciión baixo os efectos do alcol nas horas de ocio e lecer.
Estes 30 mozos tiveron a oportunidade de coñecer o noso Concello, onde foron recibidos polo Alcalde en Funcións Jesús Sanjuás, quen lles dou a benvida a todos os participantes e felicitou ós organizadores deste proxecto.