Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Xoves, 09 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

EDUCACIÓN, CULTURA E XUVENTUDE

PDF Imprimir E-Mail
educación, cultura e xuventude
Un dos moitos intercambios nos que participa a mocidade de Boqueixón, nesta ocasión en Rusia

Teléfono: 981.513.061
Horario de atención ao público: 9:00h a 14:30h
Correo electrónico:

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, precisa ter Javascript activado para poder vela

Finalidade do servizo

  • Promover eventos culturais, educacionais, de ocio e tempo libre
  • Tramitar axudas e subvencións para as asociacións municipais
  • Fomentar a participación cidadá e promover o asociacionismo e o voluntariado
  • Ofrecer á mocidade do concello información, asesoramento e documentación de temas do seu interese (educación, viaxes, ocio, emprego, axudas, etc.)
  • Organizar actividades especialmente deseñadas para os mozos e mozas de Boqueixón

 

Descrición das áreas de traballo e programas que desenvolve

educación, cultura e xuventude
Participantes dun dos programas de apoio escolar que se levan a cabo pola tarde nos locais socioculturais das parroquias
  • Programación de actividades e ciclos de carácter cultural e social (Ciclo Cultural do Inverno, Certame de Bandas, Encontro de Maiores, Festival de Reis, etc.)
  • Organización e coordinación das actividades que se desenvolven nos centros culturais das parroquias
  • Información e axuda técnica ás asociacións sobre trámites e subvencións
  • Información e tramitación de temas relacionados coa educación (orientación académica, bolsas e axudas, Bono Bus Escolar, etc.)
  • Seminario sobre Educación para a Saúde (prevención de drogodependencias)
  • Oficina do voluntariado local, que coordina e fomenta a acción altruísta dos voluntarios nas áreas social, cultural, medioambiental, de Protección Civil e Europea.
  • Programación anual de actividades xuvenís
  • Información personalizada á mocidade sobre temas do seu interese, con acceso informático á totalidade da Rede Galega de Información Xuvenil
  • Expedición do Carné Xove Euro<26

educación, cultura e xuventude
Unha das "Xenerais do Ulla", manifestación propia do noso entroido e símbolo etnográfico da tradición de toda a comarca
educación, cultura e xuventude
Curso para a prevención de drogodependencias, organizado por este departamento municipal para os estudantes da ESO
educación, cultura e xuventude
Actuación da Agrupación Folclórica Breixo de Sergude
educación, cultura e xuventude
Acto de entrega do Carné de Transporte Escolar. O concello subvenciona o 50% do custo do billete diario de autocar a Santiago para os estudantes
educación, cultura e xuventude
Un dos seis puntos de acceso gratuíto a Internet para os veciños de Boqueixón
educación, cultura e xuventude
Intercambio de acollida en Boqueixón de mozos de varios países da  Unión Europea
educación, cultura e xuventude
Certame de Bandas de música, que actualmente trae a Boqueixón as mellores formacións galegas, españolas e portuguesas
educación, cultura e xuventude
Imaxes do programa de teatro para maiores, unha das actividades con máis éxito das organizadas ata o de agora nos centros socioculturais das parroquias
educación, cultura e xuventude
Imaxes do programa de teatro para maiores, unha das actividades con máis éxito das organizadas ata o de agora nos centros socioculturais das parroquias
educación, cultura e xuventude
Imaxes do programa de teatro para maiores, unha das actividades con máis éxito das organizadas ata o de agora nos centros socioculturais das parroquias
 
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: