Concello de Boqueixón Concello de Boqueixón

Venres, 10 de Setembro de 2010
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator
  • JoomlaWorks Simple Image Rotator

EMERXENCIAS BOQUEIXON CONTARA CUN NOVO VEHÍCULO

PDF Imprimir E-Mail
Luns, 16 de Novembro de 2009

100_7984.jpgEsta mañá selouse o acordo entre Caja Madrid e o Concello de Boqueixón polo que este último recibirá unha aportación económica para a adquisición de un novo vehículo para destacamento de EMERXENCIAS BOQUEIXON.

Neste caso o convenio centrarase na compra  dun vehículo tipo PICK UP, que poida servir de Vehículo De Primeira Intervención en caso de urxencia.  Durante a firma do convenio, o Alcalde de Boqueixón, Adolfo gacio, quixo agradecer especialmente o apoio dado pola Obra Social de Caja Madrid, que vai facer posible acadar uns dos obxectivos  máis  desexados  deste servizo de emerxencias municipais.

O Vehículo que adquirirá o Concello vai a contar tamén con un equipo de extinción cun  depósito de auga de 400 litros, unha escada extensible de dous tramos de 6 metros,  un equipo de excarceración  ect.

Con este novo vehículo ampliará o parque móbil de Emerxencias Boqueixón que xa conta  con 3 motobombas, catro vehículos auxiliares e da servizo  non só ó cidadáns do  termo municipal de Boqueixón, senón que tódolos habitantes da comarca compostelana. 
 
< Anterior   Seguinte >
Voluntariado Galego
TEMPO EN BOQUEIXON
TRANSPORTE METROPOLITANO
BOQUEIXOVE
Concello de Boqueixón
© 2010 Concello de Boqueixón
Aviso Legal
Portal Cofinanciado por: