O Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio fixo entrega a 15 veciños do concello de un receptor de sinal TDT. Estes utensilios van a
permitir que a partir de hoxe estes fogares poidan recibir e poder adaptarse
a este novo sistema de emisión das imaxes.
Estas 15 persoas recibiron os terminais de maneira
gratuíta gracias as axudas postas en marcha polo ministerio de Industria e
xestionadas dende o departamento de Servizo Sociais do Concello.
Estas axudas
están dirixidas a persoas cunha discapacidade de máis do 33%, maiores de 65 cos
graos de dependencia III e II así como a persoas maiores de 80 anos que
vivan soas ou na compaña de doutra persoa de mais de 80 anos.