Temos un dos mais modernos sistemas de distribución de auga potable de Galicia
Teléfono: 981.513.061 Horario de atención ao público: 9:00h a 14:30h Correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, precisa ter Javascript activado para poder vela
Finalidade do servizo Mantemento de servizos públicos (auga, sumidoiros, iluminación)
Descrición das áreas de traballo e programas que desenvolve
Tramitación de solicitudes de enganche aos servizos públicos de auga potable e sumidoiros
Mantemento e solución das incidencias dos servizos de auga potable, saneamento e iluminación pública
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DO SISTEMA DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE:
As obras para achegar este servizo a todas as parroquias finalizan en 2006
Captacións de auga: Principal: Río Pontillón (Orto-Boqueixón) Auxiliar: Río Ulla (Donas) Capacidade do depósito principal do Pico Sacro: 1.000.000 de litros Número de vivendas que teñen acceso ao servizo (novembro 2006): 750 (58% da poboación) Número de vivendas que poderán dispor de aceso ao servizo en 2007: 1293 (100% da poboación) Investimento público no servizo de abastecemento de auga potable a finais de 2007: 4.000.000 € Por cada vivenda que conta con este servizo, o Concello de Boqueixón invirte unha media de 4.000 €
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DOS SISTEMAS DE TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS.
Imaxe da planta potabilizadora de auga, que está situada no lugar de Orto, a cabalo entre as parroquias de Boqueixón e Codeso
Localidades con sistema de recollida e tratamento de augas residuais: Lestedo, Ledesma, Oural-Pousada, Boqueixón, Codeso, Rodiño Pequeno, Rodiño Grande, Lamas e Sergude (2007) Número de vivendas que teñan aceso ao saneamento municipal (novembro 2006): 695 (53% da poboación) Número de vivendas que terán aceso ao saneamento municipal en 2007: 890 (68% da poboación) Por cada vivenda con saneamento municipal, o Concello ten que invertir unha media de: 7.200 €
NÚMERO DE FAROLAS DO CONCELLO DE BOQUEIXÓN: 3.200
O depósito principal, dun millón de litros de auga potable, está preto do cumio do Pico Sacro