30 mozas e mozos europeos particiapan nun intercambio xuvenil en Boqueixón
30 mozos e mozas de Polonia, Grecia, Portugal, Bulgaria e España están a participar nun intercambio xuvenil organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Záramo de Sergude. Baixo o título Noite, Mozos e Alcol este proxecto pretende concienciar e facer reflexionar os mozos e mozas europeos sobre as traxedias que anualmente provovan os accidentes de tráfico e especialmente centrarse sobre a problemática da conduciión baixo os efectos do alcol nas horas de ocio e lecer.
Estes 30 mozos tiveron a oportunidade de coñecer o noso Concello, onde foron recibidos polo Alcalde en Funcións Jesús Sanjuás, quen lles dou a benvida a todos os participantes e felicitou ós organizadores deste proxecto.

DESCENSO EN KAIAK POLO ULLA
A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Boqueixón, vai organizar
este fin de semana, concretamente na tarde do sábado 3de Outubro un descenso en Kaiak polo Río
Ulla.
A Saída será dende o Campo do Río en Ponte Ledesma e o punto de chegada a ponte
vella de Ponte Ulla.
Se queres pasar unha tarde diferente, coñecendo o Río dende un punto de
vista diferente e practicando deporte, non o dubides e inscríbete o antes
posible.
Telefono de inscrición981 513 115
OS MOZOS DE BOQUEIXON TERÁN SERVIZO DE NOITEBUS A TOURO E SANTIAGO
O 19 de setembro comezará a funcionar unha nova ruta do servizo de
NOITEBUS no concello de Boqueixón que terá como destino un dos lugares de movida máis solicitados pola
mocidade de Boqueixón que é o concello veciño de Touro. O servizo terá un custo de 2 euros e fará a súa saída de Lestedo tódolos
sábados ás 23:00 h pasando posteriormente
por varios lugares do Concello como Sergude, Forte ou Camporrapado.
Medio cento de mozas e mozos
de Boqueixón sairon esta mañan de viaxe para Alicante, nunca excursión
organizada polo departamento de Cultura e Xuventude do Concello.
A visita por terras valencianas
está programada ate o próximo xoves e realizaranse visitas a Benidorm e o
próximo luns ó parque de atraccións Terra Mítica.Na súa partida o alcalde Adolfo
Gacio, e o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, estiveron cos seus conveciños
no aeroporto de Lavacolla.