MILES DE PERSOAS VOLVEN A ATEIGAR LESTEDO NA XXVII DA FESTA DA FILLOA
A pesar das alertas meteorolóxicas e do día desapacible, miles de persoas,
máis de15.000 segundo os organizadores,
volveron a achegarse a Lestedo para degustar e participar nas actividades da
XXVII FESTA DA FILLOA.Dende primeira hora da manán a máquina das filloas estivo ateigada de xente
que quería probar e degustar este manxar típico de Entroido ó que cada domingo
de piñata se lle rende culto en Lestedo.
O momento de máis afluencia de público foi á lectura do pregón, este ano a cargo da actriz e veciña María
Mera, quen quixo deixar claro a súa dobre nacionalidade, compartida con Vedra, antes de comezar un pregón no que quixo
comparar a FILLOA co personaxe que ela interpreta na serie Matalobos.
GRANDE COBERTURA DE MEDIOS PARA A XXVII FESTA DA FILLOA
A conta atrás para o comezo da XXVII Festa da Filloa de Lestedo xa comezou,
a maquina das filloas xa está a funcionar e xa se comezou a montar toda a infraestrutura
no campo da Feira.
Pero sen dúbida este ano está a chamar a atención a grande cobertura previa
a festa que se está realizar dende tódolos
medios informativos do país; suplementos especiais na prensa escrita, conexións
en directo da TVG e o programa España Directo, ou programa especiais de radio
como o realizado esta mañá en directo dende o Hotel Vía da Prata en Lestedo.
EMERXENCIAS BOQUEIXON MOBILIZARÁ UN NÚMERO IMPORTANTE DE EFECTIVOS PARA A FESTA DA FILLOA
O Servizo
Municipal de Protección Civil do Concello de Boqueixón xa ten ultimado o seu
plan de actuación para o vindeiro domingo 21 de Febreiro co fin de garantir a
seguridade durante a celebración da XXVII FESTA DA FILLOA DE LESTEDO.
Un total de 25
efectivos, do persoal de Emerxencias Boqueixón e voluntarios de protección
civil, traballarán este domingo co fin de facilitar a mobilidade de vehículos e
garantir a seguridade dos asistentes á festa, para tal fin o Servizo Municipal
despregará xunto co persoal tódolos medios cos que conta.
LESTEDO ACOLLERA A FESTA DA FILLOA O 21 DE FEBREIRO
Como cada domingo de piñata Lestedo volverá a ser unha referencia da paisaxe gastronómica galega como realización da XXVII FESTA DA FILLOA DE LESTEDO.
Esta nova edición terá lugar o domingo 21 de
febreiro. A partir das 11:00
h comezará a festa co acendido dos filloeiros e da máquina de filloas.
Ás 13:30 a actriz María
Mera, protagonista da serie de éxito da TVG Matalobos leerá o pregón da festa, no campo da Feira acompañada dos presentadores do acto Xacobe Pérez.
GRANDE APOIO INSTITUCIONAL NA PRESENTACION DA XXVII FESTA DA FILLOA
Xa comezou a conta atrás para a XXVII da Festa da Filloa de Lestedo. O sábado tivo lugar a presentación oficial desta nova edición desta festa de interese turístico de Galicia.
Á presentación acudiron entre outras personalidades A Secretaria Xeral de Turismo Carmen Pardo, o Conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, o Director Xeral de Xuventude Ovidio Rodeiro e o alcalde Adolfo Gacio.
Tamén estivo presente a pregoeira deste ano 2010 a Actriz María Mera, protagonista da serie da TVG Matalobos.